Lourenzá, 19 de decembro de 2014. O Concello de Lourenzá tramita dende esta semana as inscricións para que os veciños maiores de 60 anos que así o desexen poidan anotarse no programa de Termalismo Social anual subvencionado polo IMSERSO. Os interesados poderán solicitar a súa inscrición neste programa termal poñéndose en contacto coa traballadora social do Concello, en horario de luns a venres de 09.00 a 15.00 horas, nas dependencias municipais do Centro de Servizos Sociais O Torreón. A documentación que deberán presentar será o modelo correspondente de solicitude, debidamente cumprimentado, así coma unha acreditación dos datos económicos do solicitante e do seu conxugue se o tivese.
Dende a Concellería de Asuntos Sociais de Lourenzá aclaran que o prazo de solicitude varía en función do semestre no que os veciños queiran gozar deste programa termal. Os que queiran participar entre os meses de febreiro e agosto de 2015 deberán anotarse antes do día 16 de xaneiro, mentres os que desexen facelo de setembro a decembro de 2015 terán que inscribirse antes do 28 de maio do vindeiro ano. Con todo as listas de espera permanecerán abertas ata o día 30 de outubro. Coma en anos anteriores, os requisitos para participar no programa de Termalismo Social do IMSERSO son: ser pensionista de invalidez ou xubilación da Seguridade Social, ter máis de 60 anos cando a pensión sexa de viuvez ou outra diferente ás anteriormente mencionadas, non padecer trastornos mentais graves, nin enfermidades infecto -contaxiosas e valerse por si mesmo para levar a cabo actividades da súa vida diaria.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



