Coa actuación en Vilanova de Lourenzá, o sábado día 22 de novembro, o Grupo de Teatro de Ribadeo rematou a súa andaina artística deste ano, despois de levar a obra Os putativos a Sarria, Cabarcos, Ribadeo (en dúas ocasións), San Clodio e Xermade dentro dos Circuitos Buxiganga 2014, que organiza a Área de Cultura da Deputación de Lugo. Fóra destes circuitos, a peza representouse tamén en Rinlo, Puerto de Vega, Cedofeita e Tapia de Casariego. Así mesmo, o Grupo de Teatro de Ribadeo colaborou ao longo deste ano noutras diferentes actividades na vila, como no Festival contra o cancro ou no Ribadeo Indiano. Na actualidade, o Grupo ten previstas outras actuacións con esta mesma obra e, ao tempo, está a preparar unha nova cara á a vindeira temporada.
Remata a temporada do Grupo de Teatro de Ribadeo
Remata a temporada do Grupo de Teatro de Ribadeo
Relacionado
-
O 10 de maio desprazarase a Alfoz a ITV móbil para realizar inspeccións técnicas periódicas tanto a motos como a ciclomotores
-
Durante esta semana o persoal de Vigilancia Aduanera de Ribadeo realizou cursos de adestramento de intervención con medios non letais no marco da formación continua programada pola Regional de Aduanas de Galicia
-
As filloas volverán ser as protagonistas este 1 de maio en Muimenta grazas ao apoio da Deputación