O vindeiro domingo 14 de decembro a Asociación Pasada das Cabras de Burela vai facer a última ruta do ano que será a de A FORNAZA A PRAIA FLUVIAL “PENA DO INFERNO” (antiga carretera da República) na FONSAGRADA de 10 quilómetros e dificultade media. Os prezos serán de 25 euros para os socios e de 30 para os non socios e inclúe autobús e comida a base de pulpo e cocido típico da Fonsagrada. Recoméndase levar botas e bastón. A saída será ás 08.00 horas da Estación de Autobuses de Burela. Para participar é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono: 982 580 504 antes do xoves 11 de decembro ás 20.00 horas.
Ruta pola Fonsagrada da Pasada das Cabras
Ruta pola Fonsagrada da Pasada das Cabras
Relacionado
-
Este martes celebrouse cunha gran afluencia de público un novo “Arruguiñas falando”
-
Obradoiro de tradición oral das mulleres para celebrar o Día das Letras Galegas na UNED de Lugo
-
A Festa das Flores, tamén coñecida como Festa das Fillas de María, vaise celebrar este sábado 17 de maio en Xove, coincidindo co Día das Letras Galegas