O Club Tenis de Mesa de San Cibrao, coa colaboración do Concello de Cervo, organizou a pasada fin de semana na Casa do Mar o torneo social de tenis de mesa no que participaron 20 socios do club. Foi David Pereira o que se fixo coa vitoria por diante de José Estéfano, Evaristo Blanco e José A. Maragoto.
