Dos variados números culturais desenvolvidos na vila perante as pasadas xornadas do nadal, foi de grande éxito o concerto que a Big Band, sinónimo de “orquestra de jazz”, ofreceo na sala do Cenima, repleta de público.O grupo, formado por unha ducia de exalumnos da focega Escola de música , baixo a dirección de Arcadio Mon; unha música que apareceo polos anos 30 do pasado século e que tivo o seu maior esplendor entre as décadas 40 e 70 do mesmo; que creou pezas inesquecibles, das que foron autores nomes non menos lembrados: Pérez Prado(“O rei do mambo”), Louis Amstrong, Glenn Miller, Xavier Cugat…. De títulos coma “Cerezo rosa”, “Mambo nº 8”, “Perfidia”, “Siboney”, “Serenata a la luz de la luna” … e outros, entusiasmando a un auditorio numeroso que disfrutou dunha audición pouco prodigada en concerto: de feito e, salvo erro, é ésta a única “big band” existente na Mariña. Arcadio, coa ducia de músicos que o acompañan, lograron un rotundo éxito, nun acto magnificado pola brillante intervención do humanista doutor Pablo Mosquera que, namorado da nosa bisbarra, que é a súa, amais de entusiasta melómano, atesoura un amplo bagaxe da cultura e da historia do contorno; valores que teñen o cénit na vella cidade da Paula, capital histórica. Arcadio, fundador da Banda de Foz, director da Escola , de quen temos escrito que “con él chegou a música a Foz”: expresión que as vivencias cotiás ratifican a cotío; e con él o polifacético Pablo Mosquera, que preside “Os Aventados”, forman o tan-dem que aquela tarde impartiron lección maxistral que os presentes souberon apreciar e premiaron con entusiastas aplausos. O cronista non dubida en calificar de histórico o acontecemento que con seguridade permenecerá por tempo no recordo dos que tiveron o privilexio de disfrutar desta feliz mestura da música e da docta palabra feita literatura e historia:¡parabéns!.
Suso Fernández


















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



