A Xunta de Goberno da Deputación aprobou este venres a listaxe definitiva de mozos lucenses menores de 35 anos e con titulacións realizadas coa agricultura, silvicultura, pesca, medio ambiente, turismo, informática e ciencias da vida, que resultaron beneficiados doutras 40 becas Leonardo da Vinci da Deputación. A sesión acordou, ademais, os países europeos nos que realizarán prácticas en prestixiosas empresas relacionadas coas súas titulacións. Son: Italia (concretamente na cidade de Florencia), Reino Unido (en Belfast), Portugal (en Lisboa), Austria (en Viena), República Checa (en Praga) e Irlanda (en Cork).
As becas teñen custe cero para os bolseiros, posto que a Deputación asume, grazas aos fondos europeos, todos os custes, por exemplo, os de aloxamento, xestión das prácticas ou os dos titores para o seguimento continuo da súa formación. A maiores, os bolseiros reciben unha axuda económica de entre 1.200 e 1.500 euros para gastos de manutención e transporte, que tamén foron aprobadas hoxe na Xunta de Goberno.
A finais deste mesmo mes, os bolseiros partirán aos seus lugares de destino co obxectivo de mellorar a súa formación de cara a facilitar a súa inserción laboral de volta en España. As Leonardo da Vinci teñen unha duración de 3 meses e medio. Nos primeiros 15 días, os beneficiados realizarán cursos de idiomas e no tempo restante as prácticas.
As 40 bolsas están dotadas de 231.000 euros, financiado en preto dun 70% pola Unión Europea e nun 30% por fondos propios da Deputación. Esta é a terceira convocatoria de becas Leonardo da Vinci que pon en marcha a Deputación na provincia, acadando as 300 nos últimos tres anos.





















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



