Barreiros, 15 de xaneiro de 2015. O Museo Etnográfico da Fonsagrada decidiu manter aberta ao público ata finais de xaneiro a exposición Represaliados, pertencente ao artista barreirense Celso Dourado. Fíxoo despois de valorar positivamente a ampla acollida de público que a mostra obtivo dende que foi inaugurada, a comezos do pasado mes de novembro. A exposición consta de dez cadros que repasan a historia do Comandante Moreno, que xunto a outros doce homes formaron parte do Batallón Galicia e foron asasinados e enterrados no ano 1937nunha fosa común no Alto do Acevo (A Fonsagrada). Os seus corpos foron exhumados finalmente no ano 2007, un acto que serviu de inspiración a Celso Dourado para comezar a traballar na obra que permanece exposta agora na terceira planta deste Museo Comarcal, en horario de 12.00 a 14.00 horas de martes a venres e de 17:00 a 19:00 horas as fins de semana.
Celso Dourado mostrouse “satisfeito co éxito de asistencia de público que tivo a exposición e emocionado coa ampliación de datas que decidiu levar a cabo o Museo Etnográfico para manter a mostra durante todo o mes de xaneiro”. O artista recordou ademais que “este é unha obra moi forte e impactante na que utilizo cores para darlle maior realismo aos feitos. O Concello púxose en contacto comigo por propia iniciativa para traela á Fonsagrada e dende o primeiro momento pedíronme que non puxera data de remate, xa que pretendían que estivese no museo todo o tempo que se puidese. Eu calculaba que seguramente pasase alí as festas de Nadal, e agora soubemos que estará ata finais do presente mes de xaneiro”.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



