Xenebra, 21 de xaneiro de 2015.- Na mañá deste mércores A Mesa pola Normalización Lingüística asistiu á sede da ONU en Xenebra para participar no exame ao Estado español que a comisión de dereitos humanos da ONU realizou no marco do 22 Exame Periódico Universal de dereitos humanos (Universal Periodic Review of human rights in the Spanish state), no que se avalía o respecto aos dereitos humanos en materias como racismo, inmigración, tourutas ou cultura e educación. (Pódese ampliar información nas webs oficiais do organismo: http://www.ohchr.org/EN/HRBodies/UPR/Pages/ESSession21.aspx e https://uprdoc.ohchr.org/uprweb/downloadfile.aspx?filename=1316&file=EnglishTranslation ).
A Mesa pola Normalización lingüística, a través do seu presidente Marcos Maceira, fixo parte dunha delegación de representantes de ELEN (European Language Equality Network) que acudiu a esta sesión da Revisión Periódica Universal das Nacións Unidas para expor o seu informe sobre a discriminación de falantes de linguas diferentes so español no Estado, que será tido en conta para a elaboración do informe sobre a situación dos dereitos humanos no Estado español que se está a elaborar no marco desta 21º Revisión Periódica Universal.
Alén da Mesa pola Normalización Lingüística, a delegación de ELEN estivo composta por Ferran Suay (Acció Cultural del País Valencià ACPV), Rosa de les Neus Marco (Plataforma per la Llengua, Cataluña), Francesc Felipe, Jaume Fullana e Natxo Badenas (Escola Valenciana).
A sesión comezou ás 9.00 coa comparecencia do Secretario de estado de relacións exteriores para dar conta do informe presentado polo Estado e responder ás cuestións da comisión.
Tras esta comparencencia do Secretario de Estado de asuntos exteriores, ás 12.30 a delegación de ELEN participou nun acto ante a prensa internacional na sala XXIII da ONU para expor o informe presentado e detallar os casos de discriminación lingüítica recollidos (O informe pódese descargar desde esta ligazón: http://www.amesanl.org/gl/mediateca/dir/mediateca/ONU ).
A delegación de ELEN foi moi crítica co silencio do Secretario de Estado a repecto das denuncias de discriminación lingüística, obviadas na súa comparecencia, e destacaron a necesidade de que a vulneración de dereitos lingüísticos se inclúa nos informes oficiais do Estado, que non facía ningunha alusión a esta cuestión no seu relatorio.
Na súa intervención, o presidente da Mesa, Marcos Maceira, destacou que o galego “ten dereitos xurídicos recoñecidos mais na práctica non se poden exercer en plenitude” e detallou casos de represión lingüística sobre galegofalantes como retrasos en operacións por solicitar a autorización en lingua galega, denegacións de bolsas predoutorais por presentar o certificado de estudos universitario en galego ou ameazas en oposicións por utilizar o noso idioma. Maceira tamén sinalou que “mesmo existen atestados policiais en Galiza onde se fai referencia ao ‘acento gallego”, o que é “un exemplo máis de discriminación”.
No referido ao dereito á educación, o presidente da Mesa destacou os retrocesos a respecto da oficilidade do galego que está a impulsar o actual goberno da Xunta, como o Decretazo contra o galego que por primeira vez limita o uso do galego no ensino e que calificou como “tremendamente lesivo” para a saúde da lingua galega.
Finalmente, Maceira informou a prensa internacional da masiva manifestación en defensa do galego que percorrerá as rúas de Compostela o vindeiro 8 de febreiro, convocada por Queremos Galego.
Na comparecencia de ELEN tamén participaron por Ferran Suay (Acció Cultural del País Valencià ACPV), Rosa de les Neus Marco (Plataforma per la Llengua, Cataluña), Francesc Felipe, Jaume Fullana e Natxo Badenas (Escola Valenciana), que detallaron numerosos casos de discriminación lingüística nos seus territorios, polo que o informe de ELEN conclúe que “a discriminación contra as linguas propias diferentes do español é sistémica desde o propio Estado, e que esta discriminación está instotucionalizada”.
A Rede Europea pola Igualdade Lingüística (ELEN) constituiuse no 2011 para traballar na protección e promoción das nacións sen estado de Europa e as linguas minorizadas. Até agora ELEN representa 44 linguas en 21 Estados europeos.
Tras a exposición do seu relatorio a delegación de ELEN fixo un chamado á participación na mobilización en favor da lingua convocada por Queremos Galego para o 8 de febreiro.






















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



