O Valadouro, 17 de xaneiro de 2015. Os nenos e nenas do Valadouro contarán antes de que remate o curso cunha zona de xogos infantís dentro das instalacións do propio colexio. A obra, que é financiada pola área de Benestar Social e Deporte que dirixe o vicepresidente nacionalista da Deputación, Antonio Veiga, conta cun investimento de 9.000 euros e comezará de xeito inmediato para que a instalación estea xa operativa antes de que remate este curso.
Con esta actuación, que parte dunha vella demanda dos pais e nais do Valadouro e que se acometará en colaboración coa AMPA do colexio, dótase ao concello cun novo lugar de lecer e esparcemento para os máis pequenos e para a veciñanza en xeral. As obras consisten na execución dun pavimento anticaídas e a instalación de equipamento lúdico dirixido fundamentalmente a nenos de curta idade, entre 3 e 10 anos.
Esta área de xogos infantís ubicaráse dentro do recinto do propio colexio CEIP Santa María do Valadouro, para facilitar deste xeito o seu uso por parte nos nenos e nenas. Para que fose posible instalar o parque infantil dentro das instalacións do colexio, como pedían os pais e nais, foi necesario tramitar un expedente de desafección das instalacións diante da Consellería de Educación, o que retrasou as obras.
Facer fronte aos recortes da Xunta e fomentar a natalidade
O vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, que visitou esta mañá o recinto onde se ubicará o parque infantil acompañado de membros da AMPA do colexio, defendeu a necesidade de acometer esta obra “que debía ter feito a Consellería de Educación pero que non fai porque esta Xunta do PP de Feijóo está nunha campaña brutal de recortes en servizos básicos como a Educación ou a Sanidade sen importarlle que iso vai en detrimento do benestar dos cidadáns”, denunciou.
Veiga defendeu que “é obriga de todas as Administracións públicas desenvolver accións positivas para fomentar o benestar social, especialmente a prestación de servizos sociais comunitarios básicos e remover os atrancos que impidan ou dificulten a participación na vida social da cidadanía, como fai a área de Benestar Social da Deputación”, algo que contrapuxo aos “recortes sociais” da Xunta.
Ao mesmo tempo, o vicepresidente da Deputación defendeu que “é necesario poñer en marcha actuacións coma esta para darlle cobertura a un servizo de atención á infancia, ofrecendo unha alternativa de xogos de desenvolvemento físico e sensorial, favorecendo a interrelación dos nenos e nenas, promovendo a súa autonomía persoal e a súa integración social, máis aínda nun municipio coma O Valadouro, de 2.100 habitantes e cun saldo vexetativo negativo, cunha poboación en regresión e cunha estrutura por idades moi envellecida, situación agravada nas últimas décadas cunha baixa natalidade, polo que é necesario ofertar servizos que animen a natalidade e intenten promover unha reversión desta tendencia, na liña de favorecer o asentamento e o mantemento de poboación nova no territorio”, argumentou.






















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



