Ribadeo, 26 de xaneiro de 2015. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo organiza o seu primeiro concurso de escaparatismo para San Valentín 2015. Con esta iniciativa ACISA pretende dinamizar o comercio ribadense, motivando aos establecementos asociados a participar en novas campañas de promoción comercial na vila. Para iso, organiza este concurso no que poderán participar todos os comercios asociados que estean ao corrente no pago de cotas. Os establecementos terán que ter os seus escaparates activos e iluminados, polo menos, entre o 9 e o 13 de febreiro. Entre esas datas os seguidores da páxina de ACISA en facebook poderán votar polo seu escaparate preferido. Posteriormente, o sábado 14 de febreiro, darase a coñecer cal foi o establecemento gañador. Ata el desprazarase a directiva de ACISA para elixir unha papeleta gañadora entre todas as depositadas polos compradores que adquiran os seus produtos en días previos no establecemento premiado. O dono da papeleta seleccionada levarase unha cea para dúas persoas valorada en 100 euros no restaurante ribadense A Solana.
Desde a directiva de ACISA, animan a participar a todos os comercios asociados e explican que a inscrición deberase facer antes do 5 de febreiro, chamando ao 982 120 565 ou enviando un correo a info@acisaribadeo.es cos seguintes datos: nome comercial, titular do comercio e teléfono ou e-mail de contacto. Ademais, desde a asociación explican que “los participantes deberán tener preparado su escaparate para el 9 de febrero, a partir de las 10:00 horas, y hasta el 13 de febrero como mínimo. Este escaparate deberá estar iluminado todos los días. Paralelamente, cada establecimiento deberá colocar en sus instalaciones una urna en la que se introducirán las papeletas con los datos de cada comprador. Esa urna será prestada por la propia asociación, una vez que se haya hecho efectiva la inscripción en el concurso por parte del comercio”.
A elección do escaparate gañador darase a coñecer o sábado, 14 de febreiro, ás 14.00 horas e tras esa decisión, responsables de ACISA desprazaranse á tenda gañadora para coñecer, mediante unha man inocente, cal foi a compra elixida como gañadora entre todas as que se realizaron nos días previos no comercio asociado ribadense.
Unha vez que se extraeu o boleto gañador, ACISA procederá a poñerse en contacto co cliente premiado. Este terá que comprometerse a desprazarse nese momento ata a tenda gañadora, ou ata a sé de ACISA en Ribadeo, para recoller o seu cheque de San Valentín. Se non fose posible contactar co gañador, poderanse levar a cabo ata cinco extraccións posteriores para atopar un beneficiario do premio. O gañador deberá comprometerse a aceptar as bases do concurso, permitindo a publicación de fotos posteriores na súa páxina de facebook. Desde ACISA sinalan que “si tras los cinco boletos elegidos no apareciese un ganador, serían entonces premiados los esfuerzos del comercio, disfrutando ellos mismos del premio”.




















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



