Lugo, 5 de xaneiro de 2015.- O presidente do Partido Popular de Lugo e portavoz do Grupo Popular no Senado, Xosé Manuel Barreiro, salientou este luns que aquelas familias que teñan ao seu cargo menores ou maiores con discapacidade recibirán axudas de, polo menos, 1.200 euros anuais, segundo o previsto na reforma fiscal aprobada polo Goberno que preside Mariano Rajoy e que entrou en vigor este mes de xaneiro.
Así o explicou o dirixente popular quen salientou que mediante este incentivo introducido no imposto sobre a Renda, se está a realizar unha aposta firme polas familias que precisan dun maior apoio.
Así ao catálogo xa existente dos beneficios fiscais (que xa incluían axudas ás madres traballadoras con fillos menores de 3 anos) se incorporan novas figuras beneficiarias de novas axudas, como son aquelas familias que teñan ao seu cargo persoas con necesidades especiais (maiores ou menores discapacitados) e as familias numerosas, que recibirán un trato fiscal preferente.
“Todas elas recibirán, polo menos, 100 euros ao mes durante todo o ano, e poderán optar por deducilo ou por cobralo de forma anticipada: unha paga de 1.200 euros anuais”- explicou Barreiro- “Estes apoios son ademais totalmente compatibles e complementarios con outras axudas económicas que poidan recibir estes colectivos, polo que a contía final a percibir poderá ascender ata 3.600 euros anuais, de cumprirse de xeito simultáneo as tres situacións”
O dirixente popular concluíu sinalando que é preciso seguir “rompendo barreiras” e traballar na atención destes colectivos, de tal xeito que cidadáns e administracións sexan capaces de sumar esforzos e responder aos desafíos e necesidades sociais das familias que afrontan esforzos suplementarios por ter ao seu coidado persoas maiores dependentes ou persoas con discapacidade.
MENOS IMPOSTOS PARA TODOS
Barreiro lembrou finalmente que a reforma fiscal vai moito máis lonxe e “suporá menos impostos para todos, especialmente as rendas medias e baixas”: ao ver reducido todos os tipos nos distintos tramos, manter a progresividade, aumentar os mínimos familiares exentos no IRPF e ampliar ata os 12.000 euros o salario por baixo do cal xa non será preciso pagar.


















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



