O vindeiro venres 13 de febreiro terá lugar a quinta cea de comadres que organiza o restaurante A Dorada do Cantábrico, de Ribadeo. “Chega o Entroido e aquí está unha cita que chega xa á súa quinta edición. E a cea de comadres do noso restaurante”. Por iso, animan “a todas as mulleres de Ribadeo e dos municipios limítrofes a acudir a esta velada, na que o van a pasar moi ben”. O menú que ofrecerá A Dorada do Cantábrico este ano está composto por: croquetas de marisco, zamburiñas ó forno, chipiróns encebolados e medallón de pixín (rape) en salsa. De sobremesa “piroliñas” de mazapán e chocolate. Os viños que se servirán serán ribeiro Gran Alanís e rioxa Ramón Bilbao. Tamén haberá licores. O prezo por persoa é de 25 euros.
As interesadas en acudir á cea de *comadres da Dourada *do Cantábrico poden facer os seus reservas xa no teléfono 982 129 608, no propio restaurante ou na seguinte dirección de correo electrónico: dourada1998@*gmail.*com.





















A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



