Lugo, 16 de xaneiro de 2015. O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, invita aos veciños da capital da provincia a participar na décimo segunda edición da Festa do Berberecho, que se celebrará en Foz do 23 ao 25 deste mes e que foi presentada hoxe en Lugo.
No acto celebrado na sede central da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo, tanto o rexedor municipal focense como o presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos (ACIA) de Foz, José Carlos Paleo destacaron a gran vinculación existente entre a capital da provincia e o municipio focense.
Castiñeira explicou que “esta presentación en Lugo fíxose porque hai moita xente desta cidade que ten a súa segunda residencia en Foz, tamén son moitos os focenses que van de compras a Lugo e moitos os lucenses que disfrutan en Foz. Ademais as distancias cada vez son menores, porque a autovía fai que esteamos a menos dunha hora”. Tamén destacou que “estamos nunha época moi boa para degustar o berberecho”.
Ademais Javier Castiñeira e José Carlos Paleo agradeceron a colaboración da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo, que estivo representada polo seu presidente, Cheché Real, por ceder a súa sede para a presentación celebrada hoxe. Tamén deron as grazas polo apoio da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial de Lugo, que estiveron representadas no acto pola delegada territorial, Raquel Arias, e pola vicepresidenta segunda, Lara Méndez, respectivamente.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



