Lugo, 13 de xaneiro de 2015.-O PP lucense informou hoxe que actual alcalde do municipio de Burela, Jose María González Barcia, volverá a ser o candidato popular de cara ás eleccións municipais que terán lugar o vindeiro mes de maio.
Nacido en Burela en 1956 e mestre de profesión, optará á reelección como alcalde tras unha lexislatura, a actual, na que o PPobtivo a maioría absoluta. González Barcia que xa exerceu como rexedor entre marzo de 2005 e 2007, ademais do actual período, conta cunha ampla traxectoria política, como concelleiro en Burela como, antes da segregación, en Cervo.
A nivel orgánico é o coordinador territorial do Partido Popular na Mariña lucense e forma parte do Comités Executivos provincial e autonómico do PP. Foi tamén portavoz adxunto do Grupo Popular na Deputación de Lugo entre os anos 2007 a 2011, ata a súa volta á Alcaldía.
BURELA POR RIBA DE TODO
O presidente provincial do Partido Popular en Lugo, Xose Manuel Barreiro, encomiou o traballo do candidato á reelección no municipio por “defender os intereses dos veciños por riba de calquera outra cousa”.
O presidente dos populares lucenses dixo que aínda que para ningún alcalde foi sinxelo xestionar durante estes anos de crise, “demostrouse que confiar no PP é elixir estabilidade fronte ao caos, e orde fronte a desorde” tras insistir en que os populares “non facemos política de palabras senón de feitos”.
Feitos como as obras de acceso ao porto de Burela (xa en execución), a nova gardería municipal (tamén en obras), as melloras en instalacións educativas e deportivas (entre elas, a inminente execución dos vestiarios e aseos no campo de fútbol da Marosa e cuberta no colexio Vista Alegre), ás melloras proxectadas no porto pesqueiro e comercial, a nova Capitanía Marítima ou o avance experimentado polo ambicioso proxecto de ampliación do hospital (proxecto técnico definitivo en redacción), ademais dos cursos e obradoiros de emprego, a recuperación de todo un símbolo para Burela: o seu faro, a aprobación do PXOM (que ten posibilitado a realización de todo o demais) ou a baixada de impostos para 2015 (co IBI ao mínimo legal), por citar só actuación impulsadas en colaboración con outras administracións.
González Barcíadefendeu a súa candidatura á reelección para dar continuidade aos proxectos iniciados a actual lexislatura e para que sirva de respaldo veciñal a unha xestión en sintonía coas administracións autonómica e central que teñen efectuado un importante esforzo inversor e actuado con lealdade con Burela e cos seus veciños.

















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



