Bruxelas, 21 Xaneiro 2015.- Entre este mércores e este xoves está a ter lugar a xuntanza da Comisión de Agricultura do Parlamento Europeo, onde a eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe) Lídia Senra participa como coordenadora do Grupo da Esquerda Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE-NGL) -no que está integrada AGEe- para dita comisión.
Entre os temas a debater durante a mañá destacaron o réxime de axudas para a distribución de froitas, hortalizas, plátanos e leite nos centros escolares e a nova estratexia forestal para a Unión Europea (UE).
No que respecta ao primeiro punto, Senra amosou a súa total conformidade ca proposta plantexada no documento ao respeito de priorizar nas escolas o consumo de alimentos frescos, mais demandou que se introduza no programa un apartado “para promover tamén a agricultura ecolóxica local dentro das escolas”.
Ademais, en relación ás premisas que deben rexer o abastecemento aos centros educativos solicitou que se “facilite” a compra dos produtos “a agricultoras/es locais que realizan venda directa”, resultando especialmente pertinentes estas dinámicas comerciais naquelas escolas ubicadas no medio rural.
Con respecto ao subministro de lácteos ao alumnado, Lídia Senra remarcou a necesidade de atopar “o xeito de que as nenas e nenos intolerantes á lactosa non queden discriminadas no momento de reparto de lácteos nas escolas.”
Asemade, no referido ás medidas educativas recollidas no informe co obxectivo de promocionar o consumo de alimentos saudábeis entre as cativas/os, a eurodeputada galega transmitiu o seu desexo de que estas teñan un contido “local, medioambiental e de sustentabilidade”.
Montes Veciñais en Man Común
Con respecto á nova estratexia forestal para a UE, a eurodeputada de AGEe encetou a súa intervención poñendo en valor o plantexamento en base a criterios de sustentabilidade e multifuncionalidade dos montes recollido no documento presentado hoxe a debate pola Comisión de Agricultura da Eurocámara.
En relación ao punto 3 da proposta (Páx.4) , que recolle o “recoñecemento da importancia da propiedade e dos dereitos da propiedade apoiando todas as medidas que faciliten a participación”, Senra expuxo diante da Comisión de Agricultura a existencia da figura dos montes comunais en man común na Galiza e dos baldíos no norte de Portugal, solicitando que esta fórmula “quede salvagardada en calquera actuación que fagamos sobre política forestal dende a UE”.
Instou tamén á Comisión a “evitar os cultivos intensivos forestais” xa que, denunciou, “estamos a sufrir nestes momentos unha contaminación moi forte de pesticidas, por exemplo a través de fumigacións forestais”, reiterando que “a auga e o aire teñen que ser preservados e non se poden permitir este tipo de actuacións.”
Por último, Senra lembrou á cámara que no tocante ao aproveitamento económico dos montes, “non hai unicamente un aproveitamento forestal, senón que hai tamén outros aproveitamentos interesantes dos montes”, en alusión á introdución de animais, froitos silvestres, produción de cogomelos, etc.




















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



