Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2015. O portavoz de pesca, Daniel Rodas xunto á deputada no Congreso, Olaia Fernández Davila e a portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda mantiveron este mércores unha reunión cos membros da Asociación do cerco de Galiza (ACERGA), no Parlamento galego, para analizar a situación derivada da redución das cotas que condena “ao sector á súa desaparición”.
Tras a xuntanza, Daniel Rodas anunciou o compromiso desta forza política de trasladar as peticións de ACERGA ás diferentes institucións co fin de acadar un novo modelo para esta actividade pesqueira afectada “gravemente” pola reducións de cotas para a xarda, sardiña e xurelo.
O deputado lembrou que a flota galega conta cunha regulación de capturas dende hai 30 anos e foi a propia conselleira do Mar, Rosa Quintana, a que trasladou a Madrid “a liberalización das capturas” o que, na súa opinión, representa “un suicidio para o sector”.
As cotas da xarda responden a un modelo discriminatorio
Para o portavoz de pesca nacionalista, reducir a menos de 30.000 toneladas as capturas da xarda, (no 2013 foron 40.000) para todo o Estado e utilizar o criterio de grandes embarcacións fronte o número de barcos e tripulacións resulta “inasumible” e conduce a eliminar o dereito a pescar da flota galega.
Sobre o xurelo afirmou que “existe unha grande cantidade desta especie” e as cotas poderían aumentar se houbera “vontade política”.
Pola súa parte, o portavoz de ACERGA, Andrés García afirmou que “non se pode repartir o que non se ten” en relación ás 19.000 toneladas de sardiña para Portugal e Estado español, unha caída do 26% do xurelo no Cantábrico e Noroeste, e unha redución da xarda nun 15%.
A deputada no Congreso, Olaia Fernández Davila reiterou que o BNG presentará novas iniciativa en Madrid para reclamar un novo modelo de cotas e distribución de zonas de pesca, “ o sector pesqueiro do litoral galego non pode seguir perdendo capacidade de pesca e abocalo ao desguace”. Son moitos, engadiu, os postos de traballo que dependen deste sector que dinamiza a economía das poboacións do litoral.
Reivindicacións do sector no Parlamento galego
Daniel Rodas explicou que esixirá no Parlamento galego a subvención ao paro biolóxico da sardiña, “un aumento da cota en función de número de barcos e tripulacións” e solicitar o trasbase de “cotas doutras zonas a Zona 100-8-C”, dende Fisterra ata o Golfo de Biscaia.
Miranda leva a Europa o reparto discriminatorio de cotas
Ana Miranda, portavoz do BNG en Europa, recalcou que o actual modelo produtivo “discrimina a Galiza”, a pesar do cumprimento e plan de xestión da flota galega.
Dende o BNG, dixo, valoramos a reunión con ACERGA porque resulta necesario “aunar forzas” ante un negro futuro por mor da diminución de cotas. O cerco en Galiza está representado en moitas zonas e conta cun gran impacto económico polo que de novo cuestionou “o reparto”.
Esta situación discriminatoria levarémola ao Congreso, Parlamento galego e Parlamento europeo para denunciar o “reparto inequitativo” e acadar a decisión política de acadar cotas noutros mares, concluíu.


















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



