Barreiros, 20 de xaneiro de 2015. Na tarde deste luns aprobáronse en Barreiros os orzamentos municipais para o ano 2015. O BNG votou en contra dos mesmos, xa que son uns orzamentos que reflicten a mala xestión do goberno do PP e que condenan ás veciñas e veciños a non recibir ningún novo servizo nin investimento neste ano.
No ano 2015, a recaudación por impostos e taxas municipais subirá un 20% con respecto ao 2014, o que se corresponde cunha suba do 10% en gastos de persoal, que supón practicamente a metade do orzamento deste ano, “nunha práctica xa habitual no concello de Barreiros en ano electoral”, sinala a portavoz municipal, Ana Ermida.
“O que reflicten os orzamentos aprobados onte é unha situación de emerxencia, na que o concello recauda cartos das veciñas e dos veciños para pagar a débeda e manter aberto o concello: persoal e gasto diario. Non hai investimentos importantes para o futuro, non hai oferta de novos servizos e non existen ningunha partida coa que se intente garantir a calidade de vida da xente”, afirman desde o BNG.
A formación nacionalista anunciou que presentará alegacións a este orzamentos que, ademais califican de “insolidarios e fóra da realidade actual”. Ana Ermida explicou que se se destinan máis de 6.000€ a gastos protocolarios, 8.000€ a dietas do equipo de goberno ou 40.000€ para asistencia xurídica e nin un só euro para atender as situacións de necesidade social pola que están pasando moitas das familias en Barreiros.
Desde o BNG califican estes orzamentos como “nefastos” para a xente, “son uns orzamentos para manter un concello que non aporta nada ás veciñas e veciños: nin novos servizos, nin melloras nos existentes, nin atención social… Só recaudan para manter persoal e gasto corrente e para pagar a débeda dunha xestión que, desde 2005, deixa ao concello en número vermellos.”


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



