Foz, 19 de xaneiro de 2015.- O BNG de Foz, a través da súa responsable local Lorena Seivane, denuncia os novos recortes sanitarios que a Consellaría de Sanidade está aplicando desde agosto no Centro de Saúde de Foz e insta ós veciños e veciñas da vila e das comarcas a utilizar o seu dereito democrático a reclamar, máis aínda nun servizo público como é o Sergas.
Desde xaneiro do pasado ano non se cobre a redución de un terzo de xornada por conciliación familiar e laboral de Pediatría.
Ademais, o médico de urxencias só traballa tres días á semana, cando antes cubría de 15.00 horas a 22:00 horas de luns a venres (asistencia que se conseguiu grazas á reivindicación dos veciños e veciñas de Foz) e agora só o fai luns, mércores e venres.
Recordamos que antes era o médico de tardes o que só traballaba estes tres días á semana (o substituto que cubría a baixa do doutor Pavón). O BNG levou a pleno unha moción, aprobada unanimemente, para cubrir eses dous días que non se atendía o cupo das tardes. Parece, agora, que se cambiaron as tornas.
O BNG non comparte as xustificacións do Sergas de que se atende igual tres días que cinco e demanda a cobertura completa da praza de forma inmediata.
É máis, esiximos tamén que o Sergas cobra as baixas dos médicos de mañá con substitutos, cousa que, polo de agora, non se está a facer e que, como consecuencia, sobrecarga o resto de persoal sanitario e leva consigo o déficit de atención dos pacientes. É máis, estase chegando a acumular as citas durante os tres primeiros días de baixa e logo repartilas entre os outros facultativos, saturándoos e facendo que se acumulen retrasos de horas.
Esta situación está traendo cada vez máis malestar entre os pacientes e moitas son xa as persoas que mostraron a súa protesta por este feito e incluso que se cambian de médico porque se senten discriminados ao non ser atendidos nas mesmas condicións que co resto dos médicos do centro.
Segundo Lorena Seivane, o BNG ve neste recorte unha clara pretensión por parte do PP de eliminar prazas do Centro de Saúde de Foz como está acontecendo xa en outros municipios da comarca e da provincia. Así que, o BNG vai comenzar unha campaña de reclamacións e insta ós veciños e veciñas a que utilicen as follas de reclamacións e que manifesten o seu descontento. Para axudar nesta labor e facernos oír, unha vez máis, sairemos á rúa. O BNG de Foz estará diante do Centro de Saúde de Foz este mércores, día 21, e o seguinte, día 28, desde as 9:00 horas polas mañás e desde as 19:00 horas polas tardes.


















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



