O Burela FS Pescados Rubén espera a 18ª xornada de Primeira División LNFS co obxectivo de sumar os tres primeiros puntos da segunda volta e de 2015. Logo de visitar a Inter Movistar (5-0) e poñer contra as cordas ao FC Barcelona (2-3), o equipo laranxa recibirá este sábado ao 13º clasificado (17 puntos), Levante UD DM, que chega a Vista Alegre logo de impoñerse a Prone Lugo (2-1) e romper así unha racha de oito xornadas sen coñecer a vitoria. Os mariñaos saltarán á pista ás 18.30 horas, custodiando a novena praza, con 22 puntos.
No partido de ida, os levantinistas sumaron os tres puntos, con resultado de 5-3. “Aquel día estabamos moi mermados” recordaba Juanlu a cita na que non puido dispoñer nin de Chano, por lesión, nin de Mata, por sanción, ademais de de sufrir as retiradas de Miguel e Edu, por lesión. Aínda que o técnico mariñao tamén admite a complexidade do Levante para o xogo laranxa: “É un rival que nos incomoda; defende ben e sabe competir. Cometen poucos erros e conceden pouco ao rival” advertía Juanlu.
O adestrador laranxa tamén falou de Ossorio, última incorporación do Levante: “É un xogador de moitísimo talento; leva varias tempadas sen xogar en Primeira, pero si está ao cento por cento ten unha gran capacidade para desequilibrar”.
Juanlu recupera a Jorge Bellvert para mañá, tralas precaucións tomadas ante Barcelona por certas molestias no pé que o mantivo apartado das pistas desde novembro ata comezos de 2015, en casa de Inter; logo de tres meses sen competir por unha contusión ósea, Miguel tamén regresa á convocatoria. Non estarán os canteirans Hélder e Renato, que defenden este fin de semana a Galicia no Campionato de España de Seleccións Territoriais en Barcelona pero sí que estará o canteirán Rubén que estrea convocatoria co primeiro equipo. Nas filas levantinas, a única ausencia será a de Carlitos, por lesión; incorporan a Rafa Ara, do filial.




















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
