O Burela FS Pescados Rubén selou a súa presenza na finalísima da Copa Galicia, despois de impoñerse onte nas semifinais ao Cidade das Burgas (1-2) na súa visita ao pavillón ourensán dos Remedios. As pupilas de Quico Otero buscarán validar o título conseguido en Ferrol en 2014; o gañador entre Viaxes Amarelle e Ourense Envialia, con encontro previsto para o mércores 21 na cidade herculina (21.00 horas), será o rival das laranxas na gran final.
O cadro mariñán levou o peso nunha cita na que o Cidade das Burgas despregou un excelente traballo defensivo e obrigou ao Burela FS Pescados Rubén a un gran desgaste. “Dende o comezo o Cidade amosou presión arriba, o que nos obrigou a elaborar máis as xogadas. Contou con tan só dúas ocasións de cara á portería e nunha delas chegou o gol, nun erro noso na saída de balón, que roubaron ao bordo da área” recordaba así Quico Otero o tanto das ourensás, que lles deu a vantaxe na primeira parte, de Vane (minuto 12).
Tras o descanso, o equipo burelista incrementou a súa presión ante o sólido peche das Burgas. Insistiron as de Quico Otero ata que no minuto 31 Peque puido romper a primeira liña defensiva en xogada persoal. A falta de catro minutos para o asubío final, as ourensás apostaron por xogo de cinco sen xerar apenas perigo para as filas burelistas. O gol da vitoria rubricouno Shiori, xa no 36, a porta baleira, nunha triangulación con Peque e Gaby.
Cita ligueira
Xunto á boa nova do billete para a final, o Burela FS tamén puido contar este mércores co regreso á pista de Bea Mateos, tras a lesión de xeonllo que a tivo apartada nas últimas semanas. Agora toca pensar no próximo rival de Primeira División RFEF, o sábado, con Ordizia (18.45 horas): “Temos por diante adestramento hoxe e mañá pola tarde, antes de viaxar o sábado pola mañá. Esperamos que o gran desgaste de onte non nos prexudique o partido” adiantaba Quico Otero antes de reencontrarse coas súas xogadoras para ultimar a preparación da 14ª xornada.
Ficha técnica
Cidade das Burgas: Ana, Candela, Lucía Nespereira, Maria Arias, Vanessa, cinco inicial; tamén xogaron Lucía Álvarez, Sonia, María Rego.
Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Claudia, Peque, Maite, Shiori, cinco inicial; tamén xogaron Taina, Gabriela, Kiko, Lara, Bea Mateos.
Goles: 1-0, minuto 12, Vane; 1-1, minuto 31, Peque; 1-2, minuto 36, Shiori
Árbitros: Vilas Martínez // De la Iglesia Castelao (Santiago)
Tarxetas: Por Cidade amarela a Lucía Nespereira e Vane. Por Burela FS amarela a Peque.
Incidencias: Partido correspondente ás semifinais da Copa Galicia disputado no pavillón ourensán dos Remedios.
*FOTO: Marián García Mesa (xornada 3 Primeira División RFEF).





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
