A Mariña, 15 de xaneiro de 2015. O BNG mariñao anunciou o seu apoio e presenza na concentración convocada pola CIG diante do concello de Xove ás sete da tarde deste venres para reclamar unha tarifa eléctrica propia para Galiza. Os nacionalistas comparten as motivacións desta convocatoria no sentido de que a posta en funcionamento desta tarifa abarataría a factura enerxética de empresas e pequenos consumidores nun pais como Galiza excedentario na produción enerxética que non se ve beneficiado, senón prexudicado por este diferencial en relación a outras comunidades, mentres soporta impactos ambientais polos que a poboación non recibe ningunha compensación.
Desde o BNG argumentan que Galiza apenas contou con capacidade para deseñar e aplicar unha estratexia enerxética propia, orientada a un aproveitamento endóxeno dos seus recursos enerxéticos. Ao longo de anos, por decisións políticas, Galiza foise especializando na xeración de electricidade. Dese xeito, desempeñou un papel de centro subministrador de enerxía eléctrica para o resto do Estado español, con base no seu potencial hidroeléctrico e nos xacementos de carbón, acrecentado posteriormente co desenvolvemento do aproveitamento eólico e biomasa, e tamén coa construción de dous ciclos combinados de gas natural.
A potencia instalada fai de Galiza unha exportadora neta de electricidade exportando nos últimos anos unha media do 40% da súa produción enerxética.
Porén, e a pesar de que a xeración eléctrica leva aparellados uns moi importantes custos sociais e medioambientais, “Galiza non tirou proveito desta actividade económica, ao contrario, ao estar sometida a un marco regulatorio e tarifario común en todo o Estado español, ás decisións adoptadas polas empresas eléctricas que actúan en réxime de oligopolio a través dos seus centros de decisión afastados de Galiza, nunca recibiu vantaxes do aproveitamento dos seus recursos, mesmo sofre en amplas zonas do país unha deficiente calidade da subministración eléctrica”. No que atinxe á homénea política tarifaria, hai que subliñar que a tarifa eléctrica que se paga en Galiza inclúe peaxes de solidariedade interterritorial, como é o caso dos custos extrapeninsulares (Canarias, Baleares, Ceuta e Melilla) que, no ano 2013, foron de 1.800 millóns de euros, cantidade pagada vía tarifas eléctricas.
No Estado español impúxose o criterio dun sistema eléctrico único e de tarifa única, prexudicial para Galiza ao tratar por igual aos consumidores dos distintos territorios, sen ter en conta a súa achega como produtores de enerxía. Porén, na nova Lei do Sector 24/2013, cuestiónase esa tarifa única, non con base nesas razóns de poder compensar vía tarifa os territorios que sofren os prexuízos ambientais de produciren enerxía, senón para penalizar as CCAA que impoñan impostos ambientais, ao recollerse a posibilidade –aínda sen desenvolver, da creación de suplementos territoriais onde houber impostos propios á actividade eléctrica (como en Galiza). Isto é, queda aberta a posibilidade a que en Galiza paguemos aínda a electricidade máis cara por termos actividade de xeración no propio país. Como diciamos, fica totalmente pechada calquera posibilidade de termos unha tarifa propia que nos permita ter vantaxes en función de sermos un país produtor de enerxía, como acontece en diversos estados europeos onde existen tarifas diferenciadas por territorios.
Por último o BNG argumenta que o escenario de tarifa eléctrica diferenciada, como diciamos anteriormente, non é o único que existe en Europa ou nos USA. Tamén no caso do Estado español, na actual proposta de peaxes eléctricos realizada polo Goberno central, logo dun pacto co Goberno de Euskadi, recolle o cambio de definición das redes de alta tensión para que teñan collida unha parte moi significativa da rede de distribución vasca, que neste caso é singular, o cal vai permitir a partir de 2015 uns prezos máis baixos para a industria de EuskalHerria, nunha rebaixa que se estima nun 15% nas peaxes e nun 12,5% no termo de enerxía.



















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



