Cervo, 16 de xaneiro de 2015- O Concello de Cervo fixo balance do programa de compostaxe doméstica que ten activo co obxectivo de promover a reciclaxe e reutilización dos residuos orgánicos domésticos e contribuír co medio ambiente. Nos últimos anos, o goberno local ten entregado de forma gratuíta un total de 130 composteiros ao mesmo número de familias cervenses. Desta maneira, son máis de 100 fogares os que practican compost a través destes dispositivos facilitados polo Concello.
Todos os anos o goberno local reparte novos lotes para seguir estendendo este hábito, sempre tendo en conta a demanda dos veciños. No 2014 entregáronse 20 composteiros, e no primeiro trimestre de 2015 está previsto outro reparto, que se fai sempre por orde de solicitude. Por iso, o Concello informa de que para obter un composteiro é necesario anotarse, contactando co departamento de Medio Ambiente.
Uns actos nos que, ademais de facilitar os composteiros, o Concello dá consellos prácticos sobre a súa utilización, “porque tan importante es practicar el compostaje como sacarle provecho y conseguir un compost de calidad” asegura a edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso.
“Hay que tener en cuenta que el proceso es muy sencillo, siempre que se haga de la forma correcta, echando solamente los residuos indicados y siguiendo ciertas rutinas de mantenimiento”, engade Alonso. Pero ademais, os veciños teñen á súa disposición un servizo de asesoramento continuado para resolver calquera dúbida. Ao mesmo tempo, faise un seguimento para comprobar e garantir que o composteiro se está utilizando correctamente.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



