Burela, 20 de xaneiro de 2015. Burela acolleu este luns unha reunión entre membros do goberno municipal e responsables das asociacións e colectivos organizadores do Entroido 2015 na vila. Tras o acto, tanto a concelleira de Cultura, Mónica Pedre, coma o rexedor municipal, José María González Barcia, destacaron a boa marcha do asociacionismo na organización deste evento e adiantaron que o Concello será agora quen envíe ás asociacións un borrador do programa de actos para o Entroido 2015. Dito borrador deberá ser aprobado nunha vindeira reunión que se celebrará, case con total seguridade, o 2 de febreiro. Aínda que o programa de actos será moi semellante ao do ano pasado, dende o Concello adiantaron que como novidade este ano haberá un baile de disfraces con orquestra, que se levará a cabo o 16 de febreiro, e que contará coa participación da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Burela.
A concelleira de Cultura de Burela, Mónica Pedre, explicou que “á reunión de onte asistiron bastantes asociacións, co cal consideramos que isto xa ten unha importancia relevante porque se ve que hai interese do asociacionismo en Burela en manter e potenciar todo o posible a festa do Entroido. En principio, o que se fixo foi establecer unha primeira aproximación ao que será o programa. O máis seguro é que o luns 16 se inclúa unha actividade nova que sería un baile de disfraces con orquestra que vai incluír a ACIA e o resto do programa sería moi similar ao do ano pasado”. A edil popular dixo: “vanse a manter os premios e nos próximos días seralles remitido a tódalas asociacións o borrador do programa xa cos horarios, para que elas mesmas acaben de concretalo. Probablemente, para o día 2 de febreiro fagamos unha segunda reunión xa para concretar e pechar definitivamente o programa de actos do Entroido de Burela, que comezaría o venres día 13”.
O alcalde, José María González Barcia, agradeceu “profundamente toda esta asistencia e colaboración a todas as persoas que onte asistiron á reunión e a todos os colectivos que estaban presentes. Creo que é un bo síntoma de que hai sintonía entre os colectivos e o Concello para poder organizar eventos que dinamicen a nosa vila, o noso tecido socioeconómico e o noso tecido asociativo, e nese sentido eu fago un chamamento a aquelas persoas, ben a título individual, ou ben a título colectivo, que queiran participar de forma activa tanto na organización como na colaboración cos distintos eventos para este Entroido 2015. Van ter oportunidade para facelo, xa que 2 de febreiro, case con toda a seguridade, manteremos unha segunda reunión para concretar o programa. Por tanto, eu coma alcalde deste Concello teño que recoñecer publicamente o traballo que fan os colectivos e as persoas neles integradas para poder participar de forma activa na organización e colaboración deste evento, e só quero reiterar unha vez máis o meu agradecemento e agardar que o Entroido 2015 non desmereza para nada ao que se merece o noso Concello”.




















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



