Barreiros, 22 de xaneiro de 2015.- O profesor en Economía da Universidade de Oviedo –Francisco Blanco-, o secretario de Política Municipal da executiva provincial –Álvaro Santos-, e a secretaria xeral do PSOE local de Barreiros- Carmen Veiga-, revelaron este xoves aos veciños da localidade, no encontro impulsado polos socialistas deste municipio, sobre a importancia de que o Ministerio de Facenda revise a ponencia de valores catastrais dos concellos, co fin de que estes se adapten aos prezos actuais do mercado, que o actual Goberno e o Concello aumentaron o IBI nesta localidade un 0,28%. Isto provoca que, este municipio non só teña a taxa máis alta da provincia, incluso por riba da do concello da capital, senón que esta sexa moi superior á doutras cidades galegas que ofrecen e dispoñen de máis servizos, como é o caso de Santiago de Compostela.
Este incremento “esaxerado”, explican, ten “uns responsables directos”, que son tanto o actual Executivo estatal como o Goberno local. Concretamente, a suba aplicada polo Ministerio e a entidade local dende 2012 é o desencadeante de que o prezo do metro cadrado nas propiedades catalagodas como solo urbano se sitúe, na actualidade, nos 0,88 céntimos e, as rústicas, nos 0,66 euros.
Pero este aumento é moito máis significativo se se compara co importe aplicado por outros municipios da Mariña e outras ciudades galegas. Por exemplo, o custe do solo urbano en Burela baixa ata os 0,42 euros e, en Santiago, ata os 0,52 euros, é dicir, que nos concellos mariñano e santiagués, o prezo do metro cadrado deste tipo de inmobles é, respectivamente, 46 e 36 céntimos de euro máis barato.
Estes datos foron dados a coñecer, no transcurso da xuntanza, tantos polo secretario de Política Municipal e deputado provincial como polo especialista en Economía de Oviedo e concelleiro do Partido Socialista en Xixón, así como pola secretaria Xeral da agrupación local, quenes afirmaron que se trata de “custos desorbitados e que non se corresponden co que realmente deberían de pagar, pois o valor da vivenda deprezouse notablemente durante a crise”.
Por elo, Álvaro Santos, Francisco Blanco e Carmen Veiga, instaron ao Executivo Central a aplicar coeficientes reductores, xa que o artigo 23.2 da Lei de Castastro Inmobiliario especifica que o valor catastral dos bens inmobles non pode superar o valor do mercado; unha cuestión que “non é así na Mariña”, comarca que experimentou nos últimos anos unha importante devalución na promoción inmobiliaria.
Máis taxas
Ademais, segundo informaron, o Concello, por orde do Ministerio, tamén está a levar a cabo un novo procedemento de regularización nos inmobles que están a ser rehabilitados; un proceso que, “como non podía ser doutro xeito, ten consecuencias directas no peto do cidadáns”, pois a entidade local cóbralles aos afectados por cada regularización realizada uns 60 euros.
Recadación Deputación
Fronte a esta xestión dos Gobernos do PP, “coa que o único que perseguen é un afán recadatorio dos cidadáns e seguir facendo caixa”, o secretario de Política Municipal e deputado provincial de Cooperación cos Concellos, destacou o traballo realizado pola Deputación de Lugo. Dende 2007, o organismo provincial “vén adiantando importantes cantidades de diñeiro aos concellos que teñen delegado estes tributos, de tal xeito que lles damos liquidez”. E é que o sistema, ademais de rebaixar do 6 ao 3% a taxa recibida en período voluntario, prevé anticipos a conta do 80% da recadación prevista dividida en 12 mensualidades.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



