Burela, 22 de xaneiro de 2015.- O Partido Popular de Burela arrancou este xoves os traballos de precampaña electoral. Así o anunciou na tarde do xoves o presidente local e alcalde José María González Barcia.
Nunha rolda de prensa, acompañado polo secretario xeral do PPdeLugo, José Manuel Balseiro, González Barcia presentou ás once persoas que forman parte dos tres grupos de traballo que se centrarán nas tarefas electorais, de elaboración do programa e da fixación dos actos de precampaña e campaña dos populares bureleses.
O popular manifestou que as persoas que forman parte dos tres grupos de traballo representan aos distintos segmentos da poboación de Burela e contan cunha gran experiencia.
“Estas once persoas representan a variedade da poboación de Burela e das súas inquedanzas”, explicou Barcia quen revelou que se trata de homes e mulleres, persoas cunha experiencia vital, con traxectoria pasada e presente de goberno municipal, xubilados/as, empregados e desempregados e tamén representantes da xuventude; en definitiva, de persoas con experiencia no asociacionismo e con contacto directo cos problemas da cidadanía.
Os once integrantes do grupo de traballo son: Cristóbal Edrosa, Jenaro González, Mari Fraga, José Luis González Arnau, Ana Durán, Manuel Fernández Valle, Jasone Lorenzo, Aitor López Anello, María José García Eiroá, Luis Pedre Díaz e Josefa Lorenzo.
O popular indicou que o PP local ten canteira suficiente para formar grupos de traballo, polo que son estas once persoas como poderían ser outras once, e así sucesivamente.
Informou o presidente local e rexedor que os grupos de traballo deben ter elaborados os seus documentos na primeira semana de marzo posto que esto permitirá ter tempo suficiente para explicar o que o partido leva feito e o que quere facer no próximo mandato municipal.
Nesto senso, dixo que o PP aspira a gañar as eleccións e gobernar coa maioría suficiente para dar estabilidade ó goberno de Burela, tal e como está acontecendo desde as anteriores eleccións municipais.
González Barcia adiantou algunhas cuestións sobre a precampaña e manifestou que na primeira semana de febreiro, seguramente, “teremos unha asemblea de afiliados e simpatizantes, e a partires de aí volveremos a celebrar reunións polos barrios para explicar a nosa mensaxe, o feito, e o que se está a facer, e tamén o que queremos facer no futuro”.
Manifestou o popular que a agrupación local ten un proxecto para Burela que está baseado no feito nestes tres últimos anos e que quere afondar no mesmo.
O presidente local e tamén alcalde finalizou indicando que “mentres outros aínda andan buscando candidato, e iso reflicte o que reflicte, nós comezamos a traballar por e para os veciños e veciñas do noso concello, coa intención de ofrecerlles unha liña de traballo seria e responsable, lonxe de discrepancias, de inestabilidades, e tamén do despilfarro económico e das facturas sen pagar que quedaban nos caixóns”.






















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



