Mondoñedo, 10 de decembro de 2015.- O Partido Popular de Mondoñedo rexistrou este sábado un escrito dirixido ao alcalde da localidade, o nacionalista Orlando González, no que solicita acceso ao informe no que se ampara o equipo de goberno local cando é preguntado pola dispoñibilidade dos terreos nos que se desenvolve o proxecto de Vilar.
Os populares explican que pediron en pleno que se clarificara o futuro deste proxecto ao terse en conta que o prazo de cesión por parte da familia dona destes terreos (de non estar habilitadas as instalacións para actividades turísticas complementarias de carácter rural) rematou en novembro de 2013, é dicir, aos dez anos dende a data da súa sinatura. O incumprimento deste prazo implicaría a reversión aos cedentes.
Dende o Partido Popular, que manifestaron en varias ocasións a súa preocupación ante a falta de claridade de nacionalistas e socialistas, queren coñecer o contido deste informe e desvelar deste xeito a realidade que se agocha detrás deste proxecto; e, polo tanto, se o Concello dispón destes terreos.
O PP preocupado por un posible investimento público sen ter acreditada a dispoñibilidade dos terreos
Aos populares a día de hoxe non lles queda clarificada a dispoñibilidade dos terreos. Advertiron en varias ocasións desta preocupante situación xa que de non existir un novo documento que prorrogue ou reflicta un novo prazo; estaríase ante un investimento de diñeiro público sen ter garantía de dispoñer dos terreos.
É dicir, dende o Partido Popular explican que poderían chegar a existir irregularidades na última subvención concedida por importe de 163.138,65 euros para a posta en valor do Centro da Prehistoria, toda vez que se executarían as obras con cargo a esta achega cando non se tiña acreditada a dispoñibilidade de terreos e tendo en conta que a subvención implicaba a execución de obras e no replanteo previo dicían que debe conlevar a certificación da dispoñibilidade de terreos.
Reparo de Secretaria ao pago de facturas con cargo a esta subvención
A maiores os populares lembran que o que si está comprobado polo grupo municipal popular e que Secretaría reparou o pago de facturas nesta subvención.
En certificado de data de 13 de xuño do 2014, advirte da desconformidade con estes pagos por entender que diversos gastos da actividade subvencionada foron articulados como contratos menores e, ao seu xuízo, deberían ser tramitados como un único expediente ao tratarse de prestacións que consideradas conxuntamente forman unha unidade funcional.
O Partido Popular de Mondoñedo lembrou que este reparo foi levantado unilateralmente por decreto de alcalde, que asina soamente Orlando González.


















A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



