Os de Juanlu non defraudaron este sábado en Vista Alegre. Chegaban co obxectivo dos tres primeiros puntos da segunda volta e de 2015 e non titubearon ante o Levante UD DM (4-0), dando unha mostra máis da súa evolución e madurez, conseguindo ademais finalizar coa *portería a 0 por primeira vez esta tempada, cunha actuación perfectísima de Álex.
Chano foi o encargado de inaugurar o marcador xa no minuto 4, ao recoller desde a banda un balón de Mata, que esperou no área visitante o pase do Bellvert tras recuperación en media pista. As ocasións tiñan firma laranxa. No 6 o meta valenciano, Yeray, estivo moi atento ante un balón longo que se intentou coar por arriba; tamén desbaratou as intencións de Chano desde saque de esquina. Aínda que nada puido facer, no 8, ante Iago, que aproveitou un excelente pase de Antoñito para subir o 2-0.
Con cinco faltas no minuto 13, os mariñáns souberon reaccionar con intelixencia e seguir xerando perigo en ataque. No 15, Iago, asistido por Chano, non puido bater a Yeray. Unha das ocasións máis claras para o Levante a protagonizou Ossorio no 18, pero topouse co pau. O 3-0 puido estar nos pés de Chano novamente a falta de 30 segundos para o descanso, pero o 11 laranxa non puido controlar o balón fronte á portería visitante. Inmediatamente, Álex, outra vez sublime, evitou que os visitantes recortasen distancias freando un potente disparo afastado de Márquez.
Os primeiros minutos da segunda parte puxéronse costa arriba para os da Mariña con máis traballo para Álex. Antes do cumprirse o minuto 21, o gardameta laranxa saíu victorioso ante dobre lanzamento de Pedro e Kiko e segundos máis tarde de Ossorio. Revert tamén buscou con insistencia a meta burelista desde a banda.
No minuto 26 chegou a primeira ocasión para ampliar a renda dos galegos, de Carlitos. Acto seguido, Bellvert e Iago tamén intentaron sorprender, sen éxito, a Yeray. Tras un mísil desde media pista de Matamoros, rozando o ecuador, quen si puido bater a portería valenciana de novo foi Chano, que aproveitou un balón morto no área, tras falta de Yeray sobre Iago Míguez. Ossorio, un dos máximos perigos dos levantinos, intentou acurtar distancias no 35, con correcta saída de Álex e posterior despexe de Bellvert. Tralo prodixioso pé que Yeray sacou ante Antoñito, os valencianos apostaron polo xogo de cinco con Márquez, a pouco máis de tres minutos para o final, sen éxito. O 4-0 subiu ao marcador por propia porta de *Pedro no 38, na tentativa de salvar un disparo de Iago Míguez. Os galegos dispuxeron de dous dobres penaltis nos pés de Mata nos últimos minutos.
Nunha cita na que por fin o Burela FS Pescados Rubén non estaba condicionado pola enfermaría, o lastre das lesións volveu aparecer. A falta de case tres minutos para o descanso Isi sentiu un pinchazo na coxa que o obrigou a retirarse; haberá que esperar un mínimo de 48 para coñecer o verdadeiro alcance da lesión muscular do 7 laranxa.
Ficha técnica
Burela Pescados Rubén: Álex, Iago Míguez, Isi, Matamoros, Antoñito, cinco inicial; tamén xogaron Bellvert, Chano, Carlitos, Rubén.
Levante UD DM: Yeray, Kiko, Pedro, Sena, Ossorio, cinco inicial; tamén xogaron Revert, Jordi, Márquez, Oviaño, Rafa Ara.
Goles: 1-0, minuto 4, Chano; 2-0, minuto 8, Iago Míguez; 3-0, minuto 30, Chano; 4-0, minuto 38, Pedro (p.p.).
Árbitros: Sanzol Goñi // Urdanoz Apezteguia (Navarra)
Tarxetas: Por Burela amarela a Carlitos (minuto 5). Por Levante amarela a Jordi, Oviaño (minuto 29), Yeray (minuto 30), Kiko (minuto 31), Márquez (minuto 39)
Incidencias: Partido correspondente á xornada 18 da Primeira División da Liga Nacional de Fútbol Sala disputado en Vista Alegre. 900 espectadores.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
