Como vén sendo costume nos últimos anos, o pasado 2 de xaneiro os anciáns da Residencia Comunitaria de Alfoz recibiron visitas. En primeiro lugar un grupo de nenos do concello, participantes nos talleres de Nadal que dirixe Tatiana Barreira foron á vivenda a cantarllas unhas panxoliñas ós residentes. Un pouco despois chegaron Melchor, Gaspar e Baltasar, que viñan cargados de agasallos para os nenos e para os anciáns. Houbo merenda e festa.
