Lugo, 28 de xaneiro de 2014.- A delegada territorial, Raquel Arias, participa este mércores no arranque dos actos de promoción turística da provincia de Lugo previstos na Feira Internacional do Turismo (Fitur), que se celebran no stand habilitado pola Xunta de Galicia ao longo desta semana.
A través das distintas convocatorias, explicou Arias, “ponse de manifesto o nivel de calidade, diversidade e singularidade dos nosos recursos turísticos”. A representante do Executivo autonómico considera que “a enogastronomía e o potencial natural de Lugo” son dous referentes para o impulso do turismo na provincia, na que precisamente “ao longo do pasado ano medrou o número de viaxeiros en preto dun 14%, unha cifra que a sitúa á cabeza en canto crecemento na comunidade”.
A delegada, que abre a súa intervención coa participación na presentación oficial da nova edición da guía turística “…E para comer, Lugo”, promovida pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl), sinala que esta publicación é “un fantástico material do conxunto da provincia lucense”.
De feito, segundo Arias, a guía aglutina nas súas páxinas elementos esenciais “desta terra caracterizada pola hospitalidade”. Así, a delegada considerou que esta revista recolle probas “do patrimonio cultural, termalismo, Camiño de Santiago, paisaxes, natureza e por suposto, enogastronomía”, que caracterizan á provincia lucense.
Arias lembrou que nesta provincia existen unha decena de festas gastronómicas declaradas de interese turístico, con algúns dos produtos más auténticos da cociña lucense como protagonistas. Precisamente estes foron tamén algúns dos produtos gastronómicos que se puideron degustar no stand da Apehl que estivo integrado durante na última Vuelta Ciclista a España, que estivo estreitamente ligada a Galicia, apostilla Arias.
A Mariña lucense
Así mesmo, Arias participa tamén na presentación de Mariña Lucense, Mágica por naturaleza, un programa no que se recollen “un dos mellores tesouros naturais da comunidade galega”, facendo referencia á comarca costeira.
Ademais das “xoias naturais, paisaxísticas e culturais que aglutina A Mariña”, dende a praia das Catedrais e o Camiño Norte ata todo o aparellado ao Marqués de Sargadelos e a súa creación, por exemplo, Arias considera tamén que nesta zona se poden vivir “experiencias culinarias inigualables”, como a merluza de Celeiro e as fabas de Lourenzá.
En conxunto, todo isto depara que A Mariña “teña cada vez máis adeptos”, como o demostran as cifras do pasado ano, no que a comarca recibiu “un 8,2% máis de viaxeiros, que sumaron preto das 140.000 persoas”, cun incremento do 16,7% no caso dos viaxeiros internacionais. A esta cifra hai que sumar tamén que foron “máis de 15.000 os peregrinos que recolleron a Compostela tras elexir como ruta o Camiño do Norte, un 13% que no 2013”.
Arias entende que o material promocional que se presenta en Fitur constitúe un elemento positivo para “continuar con esta senda de crecemento” marcada ao longo dos últimos meses.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



