Lugo, 6 de febreiro de 2015.- A Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA) dispón en Lugo de técnicos para atender aos usuarios interesados nas campañas especiais de asistencia para pensionistas retornados. Así, xestiona directamente as consultas sobre procesos de devolución e colabora coa Axencia Tributaria do Estado (AEAT) nos procesos de regularización de declaracións do IRPF. Ambas campañas comezaron o día 2 de xaneiro e rematarán o 30 de xuño.
Dende o pasado 1 de xaneiro os pensionistas retornados poden solicitar a devolución das sancións, os recargos e os xuros de demora. Este trámite poden facelo por internet ou presencialmente, tanto nas oficinas da Axencia Tributaria de Galicia, situada en Lugo no primeiro andar da sede da Delegación Territorial da Xunta, como nas da Axencia Tributaria do Estado.
A Xunta conta con persoal especializado na delegación da ATRIGA en Lugo para axudar aos pensionistas retornados en todo este procedemento. Así mesmo, esta axencia tamén dispón dun número de teléfono (881.995.284) para informar sobre o proceso de devolución.
Por outra parte, os emigrantes retornados xa poden presentar as declaracións tributarias que lles correspondan coa axuda de persoal especializado. A campaña especial para a regularización das declaracións de IRPF realízase nas oficinas da AEAT, a través de plataformas conxuntas nas que participa persoal da Xunta de Galicia e da Administración do Estado, tal e como se estableceu no protocolo asinado pola Consellería de Facenda e a AEAT. Esta colaboración entre as dúas administracións é similar á que veñen realizando dende hai anos na campaña da renda. Os contribuíntes poden solicitar cita previa por teléfono ou por internet.






















A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.



