A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, e a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, xunto ao Deputado de Economía do Coñecemento, Emprendedores e Innovación, Alfredo Llano, presentaron este xoves novas obras para a posta en valor do casco histórico viveirense. Trátase da mellora do pavimento e da dotación de servizos no treito comprendido entre a Avenida de Cervantes e a Praza Juan Donapetry. Este venres, a Xunta de Goberno Provincial aprobará estas actuacións, dotadas de 470.000 euros da Deputación. Teñen un prazo de execución de 5 meses, polo que se comezarán a executar despois da Semana Santa, para non entorpecer esta multitudinaria cita de interese turístico internacional. A vindeira semana, iniciarase a tramitación dos permisos legais para poder realizalas, que deberán conceder Patrimonio e a Confederación Hidrográfica do Cantábrico.
Estes traballos complementan os do plan para a maior reordenación do tráfico rodado en Viveiro das últimas décadas, financiado con 185.000 euros do organismo provincial; así como a dotación dun parque ambiental fronte á cafetería Atlanta, moi preto do casco histórico, que tamén serán adxudicados na Xunta de Goberno Provincial de mañá, por valor de 102.814 euros. A vindeira semana, comezaránse a executar estes dous últimos proxectos, que estarán rematados para a Semana Santa.
Lara Méndez subliñou que “con estes 3 plans –reordenación do tráfico, parque ambiental e melloras entre a Avenida de Cervantes e Praza Juan Donapetry-, a Deputación inviste preto de 800.000 euros na transformación de Viveiro para acadar unha localidade, que recibe miles de visitante e é un referente turístico, máis confortable, atractiva e moderna”. María Loureiro agradeceu á Vicepresidenta e ao Deputado, ambos os dous da Mariña, “a colaboración e implicación da Deputación co Concello de Viveiro, olvidado por outras administracións”.
Novas actuacións
As obras entre a Avenida de Cervantes e a Praza Juan Donapetry consistirán na reposición integral do firme da estrada LU-P-6605 e das zonas peonís da súa contorna con pedra granítica; mellora da rede de saneamento; restitución do alumeado público (situaranse iluminarias ao longo do vial, que serán tipo lead para un menor consumo); canalización dos servizos para o suministro eléctrico e de telefonía (pasarán a estar soterrados, mellorando a imaxe visual); dotación de mobiliario urbano (bancos, papeleras, xardineiras…) e zonas verdes para humanizar a zona; e soterramento dos colectores de lixo. Unha vez finalizadas estas actuacións, levarase a cabo a modificación do sentido de circulación dos vehículos. A rúa terá sentido único de circulación cara arriba, co que se pretende minorar o tráfico rodado e evitar retencións.
Plan de reordenación do tráfico
As actuacións do plan de reordenación do tráfico, que se iniciarán a semana próxima, comprenden sete zonas diferenciadas. A primeira delas correspóndese co cruce de Verxeles, que dá acceso á ITV e á estación de ferrocarril, onde se creará unha rotonda que permita xirar a vehículos pesados. Na segunda destas zonas, o cruce de acceso ao casco histórico dende Verxeles, crearase outra rotonda que permita regular o tráfico e o acceso ao casco histórico. Tamén se actuará na zona próxima á Misericodia, reducindo as dimensións da rotonda e as beirarrúas existentes para mellorar a maniobrabilidade dos vehículos e cambiando a ubicación actual do paso de peóns. No tramo comprendido entre a Ponte da Misericordia e a rotonda da oficina de turismo, aumentarase a dimensións das beirarrúas, soterraranse contenedores de lixo e crearase unha zona de carga e descarga. Nesta mesma zona, tamén se reconfigurará a entrada e saída dos vehículos: a entrada realizarase fronte á praza de abastos e a saída pola rotonda da oficina de turismo, cambiarase a ubicación dos pasos de peóns e instalaranse novos semáforos. Na zona da Cruz Roxa, tamén se reubicará o paso de peóns cara a saída da ponte e se mellorará a sinalización horizontal e vertical. Finalmente, entre a praza de Lugo e a porta de Carlos V, quedará cun só carril en dirección Celeiro. Deste xeito, o espazo do carril eliminado será empregado para crear prazas de aparcamento para o casco histórico. Estas actuacións irán acompañadas de modificacións na sinalización horizontal e vertical en todas estas zonas
Parque Ambiental
O proxecto do parque ambiental, cuxas obras tamén se porán en marcha a vindeira semana, consiste, por un lado, na eliminación da zona infantil existente ao fondo do paseo marítimo, a escasos metros da Avenida de Ferrol que rexistra moito tráfico, e no acondicionamento deste espazo verde. Ademais, inclúe a instalación dunha nova dotación noutra zona do paseo marítimo máis céntrica e próxima ao casco histórico, polo tanto, máis segura; de maiores dimensións, con novos aparellos para nenos, cun rocódromo, 400 metros de caucho continuo e carteles informativos sobre a riqueza medioambiental da zona.






















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



