Lugo, 10 de febreiro de 2015.- A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, salientou este martes a importancia de “contar cun sector turístico profesional e ben formado, especialmente nunha comarca como A Mariña onde esta actividade ten un peso específico”.
Arias realizou estas declaracións durante a clausura do VIII Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería organizado polo IES de Foz, un certame “consolidado, que cada ano ten máis sona e merecido prestixio, e que oito anos despois segue a ser único no seu xénero en Galicia”, afirmou.
O IES de Foz congrega dende onte e ata mañá a expertos de España e Portugal para disputar este certame xunto co Campionato Internacional de Cata de Cafés de Escolas de Hostalería e o Campionato Internacional de Baristas Profesionais, que celebran a terceira edición.
A delegada gabou esta iniciativa que “leva o nome de Foz e da comarca da Mariña por toda España” destacando o gran labor “deste instituto, que forma profesionais da restauración nunha zona na que a importancia do turismo é fundamental”. Neste senso, Raquel Arias tivo palabras de loanza e recoñecemento para o director do centro, Nemesio Rodríguez, que este ano se xubila, pola súa “encomiable e entregada” labor ao longo de 34 anos “ininterrompidos” ó fronte do instituto ó que converteu, segundo salientou, nun referente na provincia de Lugo e fora dela.
Arias lembrou que A Mariña experimentou no pasado ano un incremento dun 8,2% nas cifras de viaxeiros e pernoctacións. En total, pasaron pola comarca case 140.000 viaxeiros, que sumaron 237.000 pernoctacións. Neste aumento tivo unha notable influencia o maior coñecemento da zona no mercado internacional, xa que medrou nun 16,7% o número de turistas procedentes do estranxeiro.
Así mesmo, rexistrouse un incremento do 13% dos peregrinos do Camiño Norte con respecto ao ano 2013.
Todos estes datos, explicou Arias, “confirman que imos polo bo camiño en canto a organización, comercialización e promoción do sector turístico galego, e en concreto da oferta turística da Mariña”.
A delegada incidiu en que a profesionalización dos axentes implicados na actividade turística axuda a impulsar unha actividade que significa xa o 11% do PIB e o 11,5% dos postos de traballo. “Un turista satisfeito é a nosa mellor campaña publicitaria, e nese aspecto xogan un importante papel as persoas: os guías, traballadores das oficinas de turismo, profesionais da restauración e dos hoteis, entre outros”.
O IES de Foz Total conta con 557 alumnos e alumnas de Ensinanza Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, ensinanzas para adultos e ciclos de Formación Profesional. En concreto, cursan FP 187 rapaces e rapazas, a gran maioría en especialidades vinculadas á restauración. O centro imparte ciclos formativos de grao medio en cociña e gastronomía, servizos en restauración, comercio e servizos administrativos, e un ciclo formativo de grao superior en dirección de cociña.



















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



