Cervo, 9 de febreiro de 2015-O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, participou este luns no acto de inauguración do gasoduto da Mariña que tivo lugar na estación de medida de San Cibrao, na estrada que conduce á factoría Alcoa. O rexedor interveu en representación dos sete concellos polos que discorre esta infraestrutura (Ribadeo, Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove e Viveiro) destacando que o gasoduto “é un servizo con presente e con futuro, que acompañará a esta comarca no seu desenvolvemento económico”.
Uns municipios “que non só acollemos o gasoduto baixo os nosos territorios, senón que tamén somos beneficiarios deste recurso enerxético, que pode ser unha boa alternativa para o tecido comercial e para as familias”.
O primeiro edil explicou que neste proxecto estiveron implicadas a Xunta de Galicia, os concellos, a empresa Gas Natural, e a factoría Alcoa. Desta maneira, asegurou que “esta obra fíxose como se fan todas as grandes obras, coa unión de esforzos, que é a única forma de avanzar, crecer e progresar”. Así, quixo felicitar “ás administracións públicas e ás entidades privadas e, con elas, a todas as persoas que puxeron algo de si mesmas para que o gasoduto da Mariña sexa unha realidade”.
O alcalde fixo un símil do gasoduto con outros servizos “que non se vén a simple vista pero son moi necesarios e que melloran a calidade de vida das persoas, como é o caso das redes de saneamento e de abastecemento de auga. Canalizacións que discorren baixo terra pero que levan servizos imprescindibles”. “O mesmo ocorre con este gasoduto. Non nos fai falta velo para saber que vai traer, e xa está traendo, moitas melloras á nosa comarca”, engadiu.
Villares manifestou que “as propias cifras xa nos falan dunha obra grande: 65 quilómetros de rede, 7 concellos polos que discorre e un caudal de case 51.000 metros cúbicos por hora”, pero sen dúbida, para o rexedor “a súa magnitude e o seu alcance mídese nos beneficios colectivos que trae consigo, tanto para os veciños destes concellos, como para as empresas, industrias e comercios; para a factoría Alcoa en particular, para o noso medio natural, e para todos nós en xeral”.




















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
Estivo arroupado nun salón de actos repleto de xente.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.



