Bruxelas, 03 Marzo 2015. En resposta á carta enviada no mes de xaneiro pola eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, denunciando a situación dos 10.000 mariñeiros galegos -12.000 en todo o Estado- aos que o Goberno de Noruega estalles a negar o reintegro das cotizacións realizadas durante anos, a Comisaria europea de Emprego, Asuntos Sociais, Capacidade e Mobilidade Laboral, Marianne Thyssen, vén de ratificar a AGEe a pertinencia de facer valer o Art.n°16 do Regulamento (CE) n°883/2004, -que “confire ás autoridades competentes dos Estados membro a posibilidade de celebración de acordos bilaterais en interese de determinadas persoas ou categorías de persoas”-, tal e como llo ten trasladado a propia Lídia Senra á primeira ministra norueguesa Erna Solberg e á Alta Representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade, Federica Mogherini.
Non obstante, a deputada AGEe lembra que dito regulamento non so abre a posibilidade deste diálogo entre os dous Estados, senón que establece claramente que “toda prestación que non tivera sido liquidada ou que fora suspendida a causa da nacionalidade ou da residencia da persoa interesada será, a petición desta, liquidada ou restablecida”, polo cal Senra entende que a Comisaria “debería utilizar o marco das relacións con Noruega para incidir no cumprimento desta norma”.
Na súa resposta, a Comisaria Thyssen apunta tamén a pertinencia do proceder dos mariñeiros afectados, deixando claro que os mariñeiros do Estado que traballaron en navíos noruegueses antes do 1994 “non puideron” afiliarse ao réxime noruegués debido ás propias leis do país, que lles esixía ser residentes no mesmo.
Así, e malia a reiterar que a Comisión “non ten poderes para obrigar a Noruega a aceptar retroactivamente a estes mariñeiros no seu esquema” e remitir á comunicación enviada pola Comisión ao Parlamento no ano 2010[5], a Comisaria de Emprego trasladou a Lídia Senra a súa sensibilidade con respecto á “situación difícil” destes mariñeiros.
De feito, na súa resposta, Thyssen alega “razóns de xustiza social” para sinalar que as autoridades competentes españolas e norueguesas poderían, “establecer contactos con vistas á celebración dun acordo bilateral en interese dos traballadores en cuestión”, subliñando tamén que a Comisión “defende a conclusión de tal acordo”.
Reforzando o recoñecemento por parte da Comisión da situación padecida por estas persoas por mor da falta de vontade política dos Gobernos noruegués e español, a Comisaria de Emprego quixo poñer en coñecemento da deputada galega “un caso semellante”, o dos mariñeiros austríacos que traballaron en buques holandeses antes de que Austria se adherira á UE, recentemente presentado ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea -caso C-465/14 Wieland-, indicándolle expresamente a Senra que “se o Tribunal falla en favor dos demandantes, isto será de gran interese para os mariñeiros do Estado que traballaban en navíos noruegueses”, e comprometéndose a mantela “informada sobre o desenvolvemento relativo a este caso”.
Para a Lídia Senra, estando xa totalmente clara a posibilidade de chegar á resolución desta situación a través dun acordo entre Gobernos, e dado que 10.000 das 12.000 persoas afectadas son galegas, “o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, debe empregar inmediatamente tódolos recursos dos que dispón para forzar ao Goberno español a asumir as súas responsabilidades e dar os pasos precisos para abrir unha vía de diálogo resolutivo co Goberno noruegués”.

















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



