Bruxelas, 17 Marzal 2015. O Comisario europeo de Medio Ambiente, Asuntos Marítimos e Pesca, o maltés Karmenu Vella, vén de respostar en nome da Comisión Europea (CE) a unha pregunta[1] rexistrada pola deputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, en relación á posíbel redistribución das cotas pesqueiras en aras dunha ampliación significativa da marxe de capturas para os barcos galegos.
Así, tendo en conta que na súa resposta o propio Vella afirma que a Comisión Europea recoñece para Galiza “a importancia do seu sector pesqueiro para a economía local”, e dado que o citado Artigo 17 sinala que un dos criterios empregados para realizar o reparto de cotas é precisamente “a contribución á economía local”, dende AGEe entendemos que o Goberno español non cumpre cas obrigas recollidas no Art.17 da Política Pesqueira Común (PPC) con respecto aos criterios a aplicar para o reparto da cota dentro do Estado, xa que non está a ter en conta a economía local nin os niveis reais de pesca na Galiza, tal e como se vén poñendo de manifesto nas mobilizacións que está levando adiante o sector.
Aliás, en relación á afirmación da CE de que a información proporcionada polo Estado español non lle permite “inferir” que os criterios que aplica para repartir as cotas sexan contrarios ao Art.17, Senra denunciou que “a información que ten a Comisión por parte do Estado non se axusta á realidade, posto que neste momento na Galiza a aplicación das cotas pesqueiras ameaza con destruír milleiros de postos de traballo, e con eles a economía local”. A fin de clarificar que tipo de información está a recibir a CE, a eurodeputada de AGEe instouna a “contactar directamente co sector, que xusto nestes días está mobilizándose en demanda do aumento de cota”.
Por outra banda, a eurodeputada de AGEe sinalou tamén que “non estamos dacordo en que a cota asignada ao Estado español garanta a estabilidade relativa das actividades pesqueiras”, polo que “é necesario revisala para que as cotas estatais sexan xustas e resposten á realidade pesqueira da Galiza”, demandou.
Tanto dende o Parlamento Europeo como Galego, Alternativa Galega de Esquerda ten rexistrado varias iniciativas en demanda dunha ampliación da cota pesqueira para Galiza. Aliás, Lídia Senra e o deputado Juan Fajardo amosaron o seu total apoio ao sector do cerco participando na mobilización convocada o pasado sábado diante da residencia oficial do Presidente da Xunta de Galiza en Monte Pío.
“O impacto no emprego e na economía galega é o suficientemente serio como para que a ministra faga un oco na axenda para tratar este tema”, reivindicou Senra, “primeiramente co sector, pero tamén cas deputadas e deputados galegos que lle temos manifestado interese en tratar este tema directamente con ela”.
Dende Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), instamos á Xunta de Galicia a que cumpra ca súa responsabilidade e defenda con contundencia os intereses do sector pesqueiro galego, tanto en Madrid como en Bruxelas.




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



