A Mariña, 18 de marzo de 2015. O BNG mariñao reafirmou o seu apoio á mobilización convocada para este xoves no Hospital da Costa de Burela contra o deterioro da sanidade pública en xeral e na comarca en particular. A formación nacionalista a través da portavoz comarcal Ana Ermida Igrexas, manifestou que“Feijoo na súa visita ao Hospital da Costa debera anunciar cambios na política de recortes executados na sanidade pública e a derrogación do Decreto de Xestión Integrada provincial para convertelo nun de ámbito comarcal como leva pedindo a sociedade mariñá desde fai tres anos”. “Cando un presidente da Xunta ten que entrar escoltado e pola porta de atrás, como o fixo hoxe Feijoo no Hospital da Costa, demostra ademais de covardía, nula capacidade para facer cribles os seus anuncios para mellorar a sanidade pública.
A entrada de Feijoo pola porta de atrás do Hospital da Costa para presentar o quinto anuncio de ampliación do Hospital da Costa, ante un público reducido con reserva previa para evitar enfrontarse ás protestas polos recortes sanitarios executados polo seu goberno, “demostra covardía e falta de credibilidade diante da sociedade mariñá farta de enganos e traizóns deste goberno galego e dos dirixentes e alcaldes do Partido Popular que actúan como coristas ás ordes do que manda o partido no canto de servir ás sociedade”, afirmou Ana Ermida.
Desde a formación nacionalista explican que tódolos días coñecemos exemplos de como as políticas de recorte aplicadas polo goberno da Xunta sustentado polo Partido Popular, fan perder servizos asistenciais tanto en atención primaria como especializada. Desde a chegada do Partido Popular ao goberno da Xunta o recorte aplicado no orzamento sanitario foi de mais de 460 millóns de euros e so na provincia de Lugo nestes últimos catro anos, recortáronse en asistencia primaria mais de 31 millóns de euros.
Os efectos desta política están á vista, coa perda de persoal sanitario en mais de 2.000 persoas, 275 camas pechadas, privatización de servizos, peche de recursos dirixidos a colectivos en situación de risco. Para a portavoz comarcal nacionalista, non é críbel que o presidente Feijoo veña en plena precampaña electoral das municipais a prometer solucións aos problemas asistencias que el mesmo creou coas súas políticas.
Ana Ermida animou á poboación mariñá a contestar con claridade e contundencia os cantos de serea de Feijoo e apoiar a mobilización prevista para o xoves ás oito da tarde no Hospital da Costa. Para a nacionalista a mobilización social e o compromiso na defensa do interese público é das poucas vías que está deixando o Partido Popular para reclamar os dereitos da maioría.

















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



