Barreiros, 21 de marzo. O Colectivo Cultural Ollomao de Barreiros organiza as xornadas “Falemos do agroforestal galego”,que terán lugar o luns 23 e o xoves 26 de marzo. As sesións terán lugar en bares do concello barreirense.
Dentro da iniciativa Universidade Rural de Barreiros, Ollomao organiza os Xoves Universitarios: puntos de encontro para falar temas de actualidade e interese, nos que toman parte persoas expertas na materia a tratar. Os lugares de encontro son bares do concello barreirense, coa finalidade de servir esta actividade como fomentadora da dinamización económica á vez que se procura un ambiente máis informal e distendido. Os días 23 e 26 deste mes terán lugar a cuarta e quinta charlas, nas que se tratará o sector agroforestal galego.
Concretamente, o luns 23 tratarase o sector lácteo. Antonio Oca, anteriormente Director Xeral de Calidade Agroalimentaria; e Francisco Sineiro, profesor de economía agraria na USC e anteriormente conselleiro de Agricultura, Gandaría e Montes, falarán do pasado e futuro da PAC, e máis específicamente sobre cómo afecta a nova reforma ás cotas lácteas. A cita terá lugar no bar “A Dulcería” de San Miguel de Reinante ás 21.00 horas.
O xoves 26, o encontro terá lugar ás 20:30h. no bar “Lozano” de Celeiro de Mariñaos, onde Mariam Ferreira, técnica forestal, e Mar Pérez Fra, profesora da USC, falarán das posibilidades dos nosos montes para ser aproveitados como recurso de desenvolvemento rural.
As dúas citas son de carácter aberto e de balde, podendo asistir todas as persoas interesadas sen necesidade de inscrición previa.




















Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



