O Concello de Viveiro celebrará os Días da Árbore e da Auga, 21 e 22 de marzo, respectivamente, organizando unha programación destinada ao público infantil. Así, o vindeiro luns, 23 de marzo de 2015, o contacontos Anxo Moure e a súa Ciclobiblioteca percorrerán os centros de educación infantil e primaria do concello para narrar aos máis pequenos contos sobre o coidado das árbores.
Os horarios de cada visita son os seguintes:
09.15 horas: CEIP COVAS
10.00 horas: CEP LOIS TOBIO
10.45 horas: CEIP SANTA RITA
12.00 horas: CEIP PEDROSA LATAS
12.45 horas: CEI SAN ROQUE
13.30 horas: CEIP LANDRO
Pola tarde, no salón multiusos do concello, ás 17.00 horas, Anxo Moure ofrecerá unha nova sesión de contacontos baixo o título Nubinete, un patinete transformado en nube no que se despraza para contar contos sobre o cambio climático a través dunha proposta cargada de poesía.





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



