Bruxelas, 31 Marzal 2015. A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, participou esta mañá na mobilización convocada por gandeiras e gandeiros do EMB na Praza de Luxemburgo (Bruxelas) coincidindo co fin da última campaña leiteira con sistema de cotas.
Hoxe, 31 de marzo de 2015, é a data elixida pola Unión Europea (UE) para poñer fin ao sistema de regulación da produción no territorio comunitario. Pero sumir ás gandeiras e gandeiros nun sector leiteiro liberalizado, sen control da produción, vai agravar a crise actual, xa que, como ten advertido en numerosas ocasións a eurodeputada galega, “a liberalización da produción leiteira conlevará un aumento da mesma que terá como consecuencia unha drástica baixada do prezo do leite”.
Só na Unión Europea, segundo datos do Observatorio Europeo do Mercado do Leite para a campaña 2014-2015, xa en novembro do pasado ano levabamos acumulado un aumento de produción do 4’7%, un incremento que tamén experimentaron no 2014 os países considerados como grandes produtores mundiais de lácteos: Estados Unidos, 2’4%; Australia, 2’6% e Nova Zelandia o 4’1%.
Esta suba global da produción de lácteos –prevista tamén para todo o ano 2015- , unida á baixada do consumo provocada por factores como a contracción da demanda na China -que mantén un acordo comercial preferente con Nova Zelandia á hora de mercar leite- ou o veto ruso, é unha das principais causas de que o prezo do leite estea a descender a nivel global, polo que o fin do sistema de control de produción que significan as cotas na UE terá como consecuencia un incremento de excedentes no mercado que repercurirá negativamente no prezo do leite[2].
Polo tanto, “a ferramenta fundamental que precisan as produtoras e produtores é unha política pública europea forte, que regule a produción e o mercado, con mecanismos que garantan prezos que cubran os custos de produción e remuneren o traballo, impulsando as zonas de produción leiteira “, reiterou a eurodeputada de AGEe dende Bruxelas.
Ademais, salientou, “sen marco de regulamentación as produtoras e produtores non terán poder de negociación”, e as agrupacións de produtores/as que propoñía o denominado “paquete lácteo” da UE non se están a revelar como unha solución[3]. Tampouco o sistema de contratos, tal e como está definido no devandito “paquete lácteo”, vai contribuír a fortalecer ás produtoras/es nin vai garantir unha mellora ao seu favor do reparto do valor engadido. “Un contrato individual entre un productor/a e unha industria leiteira só pode resultar útil se hai un control público da produción e unha negociación colectiva dos prezos de base a partir dos custos de produción, incluíndo os laborais”, aclarou a eurodeputada de AGEe.
De feito, abondou, “nestes mesmos días soubemos que na Galiza, co final do sistema de cotas, as industrias están aumentando a presión para obrigar ás explotacións a asinar contratos a prezos baixísimos, que rondan entre os 26 e os 28 céntimos por litro, ameazando con deixar de recollerlles o leite se non asinan contratos nesas condicións”.
Asemade, dende Alternativa Galega de Esquerda en Europa esiximos que a UE axuste a produción leiteira ao consumo interno comunitario, velando polo mantemento das pequenas e medianas explotacións en todo o territorio, xa que, lembra Senra, “moitas zonas rurais da UE mantéñense grazas á ‘economía do leite’, como ben sabemos na Galiza”.
Aliás, nestes momentos de crise mundial é absurdo que a UE sega importando soia e abonos de forma masiva para convertelos en excedentes de manteiga e leite en po para reexportar. “Estar a transformar a soia de América do Sur en leite para convertela en po e exportala a terceiros países, a costa dos e das contribuíntes, non é nin sostíbel nin xustificábel. Hai que producir menos leite, con máis produtores e produtoras, por medio de prezos xustos e un control público da produción, mellor repartida, con máis pastos e menos soia”, demandou.
“Mais alá da data de hoxe, non nos imos resignar a aceptar unha liberalización que pode supor entregar o sector leiteiro por completo ás grandes industrias e rematar co modelo de pequenas e medianas explotacións”, advertiu Lídia Senra, “dende o Parlamento Europeo, e dende todos os espazos onde estamos presentes, Alternativa Galega de Esquerda seguirá dando a batalla para recuperar o establecemento de políticas públicas para o sector leiteiro”.















A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada, entre 12 e 19 horas, realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.



