Santiago, 27 de marzo de 2015.- O Grupo Parlamentario Popular amosouse favorable a atender a reclamación do sector forestal galego e, en consecuencia, é partidario de autorizar un aumento da capacidade de carga dos camións que transportan madeira para así poder aforrar custes.
O voceiro de Montes do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, explicou que tanto a Xunta como o Ministerio de Fomento (que é quen ten as competencias para impulsar esta reforma) veñen traballando nesta posibilidade e xa están en marcha as modificacións normativas que farán posible acoller esta demanda.
Iniciativa nas Cortes Xerais
Os deputado do Grupo Popular apoiaron esta mañá a aprobación dunha proposición non de lei do Grupo Socialista na Comisión de Agricultura e Montes do Parlamento de Galicia. Aínda que os populares introduciron unha emenda para incrementar a carga autorizada ata as 60 toneladas, o PSOE non quixo incorporala ao texto final, o que en todo caso non foi obstáculo para que co voto favorable do PP se aprobara por unanimidade este acordo.
Desde o PP si amosaron certa sorpresa porque o PSOE se decatase agora desta demanda do sector e lembra que xa o ano pasado o Grupo Parlamentario Popular no Congreso trasladou unha iniciativa similar sobre medidas para facilitar a mobilidade da madeira, na que se contemplaba expresamente a modificación do regulamento de vehículos para autorizar un aumento de carga, na que xa se está traballando.
A tese defendida polos populares na súa emenda era moi ambiciosa, ata o punto de que propoñía instar á Xunta de Galicia para que o Goberno do Estado, facéndose eco das demandas dos representantes do sector forestal e transportistas, modifique o Real Decreto 2822/1998 e autorice a circulación de camións en configuración euromodular de ata un máximo de 25,25 metros de lonxitude e 60 toneladas de peso”
Cómpre sinalar que España aplica actualmente a norma máis restritiva da Unión Europea que limita a capacidade de porte de madeira en 40 toneladas. Esta razón sirve de argumento a países competidores como Portugal ou Francia para permitir maiores cargas e competir con Galicia.
Ademais, un aumento da capacidade de carga trae aparellado unha redución dos custes de transporte, que redundarán na mellora da competitividade da industria forestal, un sector estratéxico en Galicia. De feito, Balseiro lembrou que en Galicia o número de camións que circula cada día transportando madeira ronda os 1.300 e córtanse 8 millóns de metros cúbicos cada ano.
Amortización postos de traballo en medio rural
Por outra banda, José Manuel Balseiro lembrou que Galicia foi a comunidade autónoma que mantivo máis estable o seu número de empregados públicos. Así o defendeu no transcurso dunha iniciativa de Alternativa Galega de Esquerdas sobre a amortización de postos de traballo na Consellería do Medio Rural. Os populares defenden que a reorganización foi froito da elaboración dunha nova relación de postos de traballo neste departamento, onde se analizou centro por centro as necesidades de persoal e as funcións que realizan os empregados
O deputado popular aclarou que nos centros de formación e experimentación agroforestal non se eliminou ningún posto de traballo con cobertura e sinalou que incluso algúns centros como o de Lourizán ten incrementado o seu cadro de persoal.
Balseiro rematou pedindo que os artífices das políticas que levaron a Galicia a sufrir a súa peor vaga de incendios da súa historia, hoxe na oposición, non intenten agora dar leccións sobre como organizar o operativo de prevención e extinción de lumes forestais.

















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



