Viveiro, 05 de marzo de 2015.- Desde o 2009, data na que Alberto Núñez Feijóo accedeu á presidencia da Xunta de Galicia o concello de Viveiro recibiu, cada ano, unha media de 16,2 millóns de euros en investimentos autonómicos. Isto supón que, nas dúas últimas lexislaturas, os veciños do municipio veñen beneficiándose de obras, axudas e servizos impulsados polo Goberno galego que superan un investimento global de 97,2 millóns de euros.
Así o explicaron este xoves os deputados autonómicos Jose Manuel Balseiro e Vidal Martínez-Sierra, acompañados do presidente e candidato popular á alcaldía de Viveiro, Antonio Bouza, tras facer balance en rolda de prensa dos investimentos que a Xunta vén de executar neste municipio nos últimos seis anos.
Os populares salientaron que as cifras oficiais demostran que, tal e como defenden desde o PP, a Xunta é a administración que maior apoio inversor realiza en Viveiro, mostra do compromiso do Goberno galego co municipio máis poboado da Mariña lucense. Entre as partidas máis relevantes atópanse achegas dirixidas ao sector pesqueiro, á mellora das infraestruturas (incluído os recursos procedentes do Fondo de Compensación Ambiental) ou as achegas nas áreas de emprego e benestar ou da igualdade.
INFRAESTRUTURAS
Ao longo dos últimos seis anos o Goberno galego foi quen de financiar a posta en marcha de novas infraestruturas como é o caso do parque de bombeiros comarcais con sede en Viveiro, que supuxo un investimento no municipio que supera os 5,6 millóns de euros, ademais dunha mellora notable na xestión das emerxencias. A Xunta tamén impulsou obras relevantes nas infraestruturas xudiciais da localidade (por valor de 206.894 euros) e na dotación aos xulgados de novas tecnoloxías (54.000 euros).
No relativo ás infraestruturas locais, a través do Fondo de Compensación Ambiental posto en marcha polo Goberno galego con recursos procedentes do canon eólico, a Xunta financiou actuacións como a rexeneración medioambiental do contorno do casco histórico de Viveiro mediante a dotación de contedores soterrados (110.261€), a dotación de servizos na área recreativa de Celeiro (111.755 €) ou a mellora da eficiencia enerxética do alumeado público no medio rural do Concello de Viveiro (acción na que se investiron 223.354 €).
O Goberno galego tamén financia con 109.222 € o Plan de Mellora de Camiños Rurais e inviste 6,7 millóns de euros no tramo do corredor (Celeiro-San Ciprián) que transcorre polo municipio e 2,3 millóns de euros máis en distintas actuacións de mellora e conservación da rede viaria autonómica ao seu paso por Viveiro. Non podemos esquecer tampouco o 1.250.000 € cos que a Xunta financiou estes seis últimos anos diversos equipamentos para o concello de Viveiro e os 4.100.000 € que investiu no remate da urbanización do parque empresarial de Landrove.
SECTOR PESQUEIRO
Unha das partidas máis relevantes é a que a Xunta achega ao sector pesqueiro local, para a execución de diversas obras nos portos, como é o caso dos 805.000 € investidos no reforzo do dique, 45.305 € achegados para a pavimentación explanada, os 34.134 € dirixidos á instalación de vixilancia das instalacións, 57.075 € máis para a pavimentación de viarios xunto a departamentos de pescadores, 46.150 € para obras do firme no acceso á lonxa, 97.000 € para o local multiusos e base de emerxencias ou outros investimentos menores por valor de 85.245 euros.
Tamén existen outras achegas neste ámbito dirixidas a axudas directas ao sector por valor de 13.856.757 €, compensacións socioeconómicas cun investimento de 165.000 €, achegas para melloras nos buques pesqueiros por 482.123 €, investimentos na ordenación e xestión dos recursos mariños por valor de 276.368 € e o financiamento de accións locais do Grupo de Acción Costeira por valor de 356.223 €. Aquí tamén se atopa unha achega autonómica por valor de 111.261 € para a adquisición dunha maquina de tunel de lavado para caixas para a flota de Celeiro.
BENESTAR, EMPREGO E IGUALDADE
No ámbito propio da Consellería de Traballo e Benestar o Goberno galego concertou 150 prazas residencias en Geriatros achegando un importe de 2.200.000 €, investiu 6.100 € no equipamento do centro ocupacional ASPANANE, impulsou 55 accións formativas das que se beneficiarion 825 persoas e para as que achegou 365.000 €, permitiu a formalización de 155 contratos a través dos plans de cooperación para os que destinou 1.492.000 €, e desde o punto de vista do sostemento dos servizos sociais, achegou 566.663 € para o Plan concertado e 1.358.163 € para o sostemento do servizo municipal de axuda no fogar para persoas dependentes. Nesta partida atopamos tamén achegas por valor de 247.501€ para a contratación de nove orientadores laborais e 101.000 € para impulsar diversos programas integrais de emprego.
Por último –e tan só por salientar as partidas máis relevantes desde o punto de vista da súa contía- cómpre sinalar os 198.050 € que o Goberno galego destinou ao financiamento das accións e persoal do Centro de Información á Mulleres e os 13.430 euros achegados para diversas accións de promoción da Igualdade, Conciliación, prevención da violencia.


















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



