LUGO, 5 DE MARZO DE 2015.-O secretario Provincial e deputado autonómico –Juan Carlos González Santín- e o senador lucense –Ricardo Varela- anunciaron este xoves que o Grupo Parlamentario Socialista presentará iniciativas na Cámara galega para coñecer se o Goberno galego tamén é “cómplice e co-partícipe” de que o Executivo Central non retire de forma oficial o anteproxecto da Lei Orgánica do Poder Xudicial, aprobado en abril de 2014, e que supón a desaparición dos Partidos Xudiciais lucenses coa creación dos tribunais provinciais de instancia. González Santín, acompañado de Ricardo Varela, fixo este anuncio logo de que o senador informase de que o Partido Popular “tumbou” as propostas impulsadas polo PSOE na Cámara Alta, e que ían dirixidas neste senso e, por tanto, a garantir o mantemento das nove circunscricións existentes na provincia.
“Realmente esta decisión e este rexeitamento nos crea unha profunda preocupación. Fai saltar todas as nosas alertas e sospeitas. Por un lado, cárganse a Gallardón, por certo, o ministro que pasou á historia por poñer a todo o sector xurídico en contra, dicindo que o anteproxecto non vai para diante e agora resulta que, os mesmos que aseguraban isto, votan en contra das nosas propostas. Non fai falta ser xuíz ou avogado para darse conta de que a incongruencia e a contradición é absoluta e clara”, destacou o secretario Provincial.
A este respecto, Ricardo Varela remarcou que o anteproxecto entrou no Consello de Ministros o 4 de abril de 2014 “e non saíu, pero tampouco temos a certeza de que fose ao lixo, polo que non sabemos en qué situación está”. “É un anteproxecto en estado latente, nunha situación durminte”, ironizou. Neste senso, puxo en dúbida a credibilidade do Executivo en todo aquilo co que se compromete, tildándoa de “bastante escasa”. “Por iso, mantivemos estas mocións, a pesares de que o Goberno diga que non neste momento”, apuntou.
“A era de Gallardón nunca morreu”
“E nós que pensabamos que a era Gallardón quedara soterrada. Realmente, nin está soterrada nin resucitou. Realmente, é que nunca morreu”, apuntou Santín. Por iso, os socialistas pregúntanse “qué agocha realmente o Partido Popular con esta actuación e que é o que pretende? Se é que é moi sinxelo: a aceptación das nosas iniciativas era a proba do algodón para dar carpetazo a este anteproxecto”, insistiron. A este respecto, Varela indicou que “loxicamente isto ten moito que ver coas vindeiras eleccións, pois só deste xeito se explica que o Goberno deixase esta intención durmindo nun caixón e non a retirase definitivamente”.
Reivindicacións dos socialistas
Esta reivindicación non é un feito alleo pois, nestes meses, os socialistas da provincia levárona cabo unha intensa campaña neste eido. Concretamente, promoveron mobilizacións nos diferentes municipios implicados pola redución das circunscricións; presentaron mocións no Parlamento de Galicia e nos Concellos; recolleron sinaturas en contra da supresión dos Partidos Xudiciais; desenvolveron xornadas informativas nas cabeceiras de comarca que teñen este órgano; e, incluso,en xullo de 2014, lle solicitaron unha entrevista ao ex Ministro Gallardón por esta causa; unha petición da que, por certo, subliñou o secretario Provincial,”nunca tivemos resposta”.
“O único que fixemos sempre é defender que non nos quiten o que temos e intentar paralizar o que sería unha gran desfeita xudicial, pois de levarse a cabo as consecuencias para a realidade socioeconómica da provincia serían gravísimas e espeluznantes”, afirmaron. E é que, tal e como destacou Ricardo Varela, suprimir estas circunscricións “dana aos cidadáns dana aos municipios, dana o acceso á Xustiza, dana o dereito a ser xusticiado e tamén dana o aforro económico”.
“Efecto totalmente devastador”
“O efecto en Lugo sería totalmente devastador”, defendeu Santín, pois entre outros efectos negativos, “provocaría un maior aumento do despoboamento da nosa provincia que, na actualidade, xa conta con máis de 300 aldeas cun único habitante”.Por outra banda, tamén se incrementarían os custos para os cidadáns, vulnerando así a defensa dos seus dereitos e o seu acceso á unha tutela xudicial efectiva, tal e como rexe o artigo 24.1 da Constitución Española.
E é que, no suposto caso de poñerse en marcha o novo sistema, o 60% da poboación lucense tería desprazamentos de máis de dúas horas ao novo Partido Xudicial e os concellos, nos que se sitúan os actuais, perderían o seu status xudicial.


















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



