A Plataforma Sanitaria da Mariña convoca unha mobilización que terá lugar o xoves 19 de marzo ás 20.00 horas no Hospital da Costa de Burela, simultánea con outras plataformas comarcais.
Durante a rolda de prensa de presentación desta mobilización celebrada este luns, foron presentadas estas táboas reivindicativas:
Táboa reivindicativa comarcal
• Non ao desmantelamento e abandono da Atención primaria: amortización de prazas médicas e outras categorías profesionais, recortes en materiais, falta de cobertura das ausencias e falla de pediatras.
• Non ás listas de agarda tanto na Atención Especializada como na Atención Primaria.
• Non á derivación de pacientes a Lugo para probas diagnósticas e cirúrxias á medicina privada, especialmente nas especialidades de Traumatoloxía e Oftamoloxía.
• Non á creación de servizos “pantalla” en precario, para acalar unha maioría social crítica co modelo de Xestión Integrada como a unidade de Hospitalización a Domicilio e o Hospital de Día de Oncoloxía que ao mesmo tempo non van acompañados de melloras en servizos implicados na súa posta en marcha como Laboratorio, Anatomía Patolóxica e Farmacia.
• Creación de novas prazas de persoal sanitario e non sanitario.
• Non ao descabezamento da Xerencia Executiva do Hospital da Costa, en maio de 2013, a Dirección Médica e en febreiro de 2015 o Xerente, por serias discrepancias coa EOXI de Lugo-Cervo-Monforte e a imposibilidade de tomar decisións en recursos humanos, materiais, obras e infraestruturas ( a día de hoxe o centro mariñao queda descabezado e sen Xerente)
• Derrogación do Decreto de Xestión Integrada con centro de decisión en Lugo.
• Creación dunha Área de Xestión Integrada propia de A Mariña con orzamentos propios e con plenas competencias en Atención Primaria e Especializada
Táboa reivindicativa xeral
• Non aos recortes no gasto sanitario público do 12% (460 millóns de euros)
• Non á redución de 2.094 traballadores sanitarios
• Non ao peche de máis de 275 camas hospitalarias
• Non ao abandono e marxinación da Atención Primaria
• Non á privatización de hospitais e concertacións escandalosas coa medicina privada
• Non á privatización de servizos estratéxicos: Historia clínica electrónica; Receita electrónica; Sistema de Citas Call Center; Teléfono Informativo “012”; protección radiolóxica; esterilización do instrumental; loxística do sistema; mantemento dos equipos sanitarios; limpeza e enerxía; catering dos hospitais; compra de equipamento tecnolóxico; hemodiálise; etc.
• Non á entrega da investigación sanitaria e formación do personal ás multinacionais
• Non á privatización do Laboratorio Central de Galiza
• Non ao peche dos recursos dirixidos a colectivos de risco: Planeamento Familiar, Drogodependencias, inmigrantes, dependentes, etc.
• Non ao desmantelamento das Áreas Sanitarias: Burela, O Barco, Monforte, o Salnés, Barbanza…
• Non á privatización dá Xestión dos Procesos Asistenciais e fragmentación dos hospitais e centros de saúde creando Unidades de Xestión Clinica.
• DICIMOS SI A UNHA SANIDADE PÚBLICA GALEGA, UNIVERSAL E DE CALIDADE.





















Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.



