O PP de Viveiro reunirase cos veciños de Chavín e San Andrés de Boimente, este venres 13 de marzo a partires das 20.00 horas na Escola de Chavín. A esta reunión están convidados todos os veciños destas parroquias que desexen trasladar suxerencias, ideas ou necesidades que poidan ser incorporadas ó programa electoral das vindeiras eleccións municipais.
Con esta, o PP de Viveiro continúa coas reunións por todas as parroquias do Concello, ao obxecto de saber de primeira man as necesidades reais dos veciños.