Viveiro, 25 de marzo de 2015.- O PP de Viveiro reunirase cos veciños de Covas, este venres 27 de marzo a partires das 20 h. no Centro Social de Granxas en Covas. A esta reunión están convidados todos os veciños que desexen trasladar suxerencias, ideas ou necesidades que poidan ser incorporadas ó programa electoral das vindeiras eleccións municipais.
Con esta reunión o PP remata coas reunións que mantivo por todas as parroquias do Concello, ao obxecto de coñecer de primeira man as necesidades reais dos veciños.