O PP de Viveiro reunirase cos veciños de Magazos e Xunqueira, este xoves 19 de marzo a partires das 20.00 horas na Escola de Magazos. A esta reunión están convidados todos os veciños que desexen trasladar suxerencias, ideas ou necesidades que poidan ser incorporadas ó programa electoral das vindeiras eleccións municipais.
Con esta reunión o PP continúa coas reunións que mantén por todas as parroquias do Concello, ao obxecto de saber de primeira man as necesidades reais dos veciños.