Ribadeo, 10 de marzo de 2015.- O PP de Ribadeo iniciará unha rolda de xuntanzas para redactar o programa electoral co que concorrerá de cara ao 24-M e para informar do aprobado Plan Xeral de Ordenación Municipal.
Anunciouno este mércores o presidente da formación local e candidato á alcaldía, Jesús López Penabad, quen dixo quen a partires do vindeiro luns, día 16 de marzo, a agrupación que preside percorrerá as parroquias ribadenses para escoitar as súas demandas e peticións e plasmalas a continuación en dito documento.
Ao marxe disto, o alcaldable informou aos veciños que a sede dos populares en Ribadeo estará aberta para calquera dúbida ou consulta tódolos mércores de 19:30 a 21:30.
ALMANAQUE DE XUNTANZAS
Luns, 16 de marzo: 20.30 horas, Vilaselán e 21.30 Piñeira
Martes, 17 de marzo: 20.30 As Anzas e 21.30 Cubelas
Mércores, 18 de marzo: 20.30 Ove e 21.30 Vilela
Xoves, 19 de marzo: 21.30 Noceda e 22.00 Remourelle
Luns, 23 de marzo: 21.30 Piñeiro e 22.00 Cedofeita
Martes, 24 de marzo: 21.30 Villamariz e 22.00 Arante
Mércores, 25 de marzo: 20.30 Rinlo e 21.30 Villaframil
Xoves, 26 de marzo: 21.30 Couxela e 22.30 Santalla de Vilaosende
Venres, 27 de marzo: 21.30 Rochela e 22.00 A Devesa.