Burela, 13 de marzo de 2015. Técnicos de Patrimonio da Xunta e o alcalde, José Mª González Barcia, visitaron este venres a igrexa de Vila do Medio para ver en qué estado de conservación se atopan as súas pinturas do século XVI. O rexedor asegurou que están afectadas por diferentes humidades e que os técnicos realizarán un informe sobre as posibles medidas a adoptar ao longo das vindeiras semanas.
González Barcia contou que “o obxectivo fundamental desta visita era ver o estado actual das pinturas da igrexa de Vila do Medio, facer un informe e partires de aí propoñer alternativas para a súa mellor conservación. O que detectamos é unha humidade importante dentro da igrexa, que non acertamos a saber de onde procede. E esa humidade é a que lles está a afectar a esas pinturas”.
O alcalde dixo que hai varias causas posibles: “o sitio onde está situada a igrexa, que forma unha especie de cunca, é unha zona moi húmida. Alí tamén hai unha fonte próxima. Todo isto trae consigo que a humidade e as sales lle poidan afectar ás pinturas de Vila do Medio”.
José Mª González Barcia indicou que “a intención tanto por parte da Consellería de Cultura e Educación como por parte do Concello é empezar a traballar tan pronto como se poida para a aplicación das posibles solucións. O informe que os técnicos elaboren non vai estar no Concello ata dentro de tres ou catro semanas e despois estaremos de novo en contacto coa Dirección Xeral do Patrimonio Cultural para ver de axilizar os trámites que teñamos que facer, ver de dar os pasos precisos e necesarios para poñerse a traballar e así manter as pinturas nas mellores condicións posibles”.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



