Lugo, 13 de marzo de 2015. A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a contía das axudas destinadas ao financiamento do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) básico para os concellos con menos de 20.000 habitantes da provincia. O vicepresidente da institución e responsable da área de Benestar Social, o nacionalista Antonio Veiga, explicou na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno que a contía total que se destinará a esta liña de axudas ascende a 700.000 euros, 25.000 máis con respecto ao 2014. “Mentres a Xunta recorta en Servizos Sociais, nós aumentamos os fondos destinados a atender ás persoas máis vulnerables”, salientou Veiga.
Veiga informou que “hoxe aprobamos as bases que rexerán o procedemento de concesión de subvencións en réxime de concorrencia para os gastos de axuda no fogar dos concellos da provincia que teñen menos de 20.000 habitantes, que son todos os concellos agás o de Lugo cidade. Destinamos este ano para tal final 700.000 euros, superando os 675.000 do pasado ano, polo que seguimos na liña de apostar polo Benestar e de manter un servizo tan importante como o de axuda no fogar básico”, remarcou.
O vicepresidente provincial lamentou que “a Xunta se siga desentendéndose deste servizo, xa que volvemos ser concellos, usuarios e Deputación os que o cofinanciamos, cando de todos é sabido que a Xunta ten que poñer cartos para este servizo, como recolle a última sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, que establece que as dúas institucións teñen que colaborar marcando cal é a porcentaxe que debe aportar cada unha. A Xunta non pode eludir a súa responsabilidade, algo que leva facendo desde o ano 2012”, criticou.
Sostén preto de 3.000 postos de traballo
Con esta deixación de funcións, “unha vez máis a Xunta lle está adebedando cartos aos concellos e está provocando que ese servizo sexa máis caro e repercuta en máis carga impositiva para os usuarios do mesmo, que son máis de 2.400 lucenses. Así mesmo, insistiu na importancia deste servizo, “non só polas atencións que se prestan, senón tamén polo cantidade de empregos directos, principalmente femininos, que xera. Estamos falando de que ao redor de 3.000 persoas traballan neste servizo”, destacou Antonio Veiga.
Feijoo deixa tiradas ás persoas maiores da provincia de Lugo
O responsable da área de Benestar incidiu en que “unha vez máis vemos como o Partido Popular, neste caso na provincia de Lugo, deixa tirados aos concellos e, polo tanto, a unha poboación fortemente envellecida e con necesidades especiais. Ten que ser de novo a Deputación, a través de Benestar, a que se implique para facer máis accesible este servizo, xa que sen a axuda do organismo provincial sería imposible que fose prestado”, asegurou.
Así mesmo, comparou a aportación da Deputación de Ourense coa de Lugo. “A de Ourense, que curiosamente asinou convenio coa Xunta, destina nada máis que 600.000 euros cando ten cerca de 90 concellos. Polo tanto, a Deputación de Lugo cumpre, só falta que o faga a Xunta”, recalcou.
Agarda que volvan presentar solicitude todos os concellos
Veiga recordou que os concellos terán de prazo 30 días para presentar as súas solicitudes e agarda que, como no 2014, “volvan participar todos os concellos da provincia. Son en total 66 dos 67 que ten a provincia, xa que o único excluído, por motivos de poboación, é o de Lugo capital”, explicou. Finalmente, resaltou que “curiosamente, hai concellos onde ten maioría o PP nos que instou á Xunta a poñer os cartos que non puxo nos últimos anos. Polo tanto, hai malestar entre moitos alcaldes populares que non entenden como a Xunta se desentende deste asunto”, concluíu.























A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



