Burela, 22 de abril de 2015.- A instalación fotovoltaica do pavillón Vista Alegre xa conta con autorización de Industria para conectarse á rede e está a documentación presentada en Eon para poñela en marcha de forma definitiva. O equipo de goberno tivo que desfacer un entuerto máis do bipartito anos despois do seu paso polo Concello.
Desde o equipo de goberno explican que “xa a punto de rematar o presente mandato municipal o goberno local de Burela segue resolvendo asuntos que deixou sen solucionar o goberno bipartito. Convén recordar que ao pouco de chegar ao Concello tivemos que iniciar un expediente para legalizar a pista de pádel, que fora feita sen as perceptivas autorizacións da Xunta de Galicia e de Costas; e cando iniciamos os trámites para construír uns vestiarios no campo de fútbol de herba artificial encontrámonos coa desagradable sorpresa de que ese campo tampouco tiña autorización da Xunta de Galicia para a súa construción, co cal legalmente nin a pista de pádel nin o campo de fútbol de herba artificial existían. E en concreto para legalizar ese campo tivemos que iniciar un expediente que nos levou algo máis dun ano, o que xerou un considerable retraso á hora de facer as obras dos novos vestiarios do campo de fútbol, que van nos presupostos do presente ano”.
Os populares subliñan que “o último entuerto que desfacemos, e esperamos que sexa de verdade o último que nos deixou o bipartito, ten que ver cunha instalación fotovoltaica conectada á rede sobre a cuberta do pavillón Vista Alegre. En concreto alí hai dúas instalacións: unhas placas solares para a xeración de auga quente e esta outra instalación fotovoltaica que se fixo para ser conectada á rede, que tivo un importe de 70.541 euros con cargo ao plan E do ano 2010. Fíxose a obra, pero non se fixo absolutamente ningún trámite para conectar a enerxía que esa instalación produce á rede e, polo tanto, non se fixo ningún trámite con Barras Eléctricas, por aquel entonces, para ver cal era a compensación que ía ter ao respecto o Concello de Burela”.
O equipo de goberno burelés indica que “despois de moitos vaivéns temos que dicir que agora si que esta instalación fotovoltaica para conectar á rede está autorizada pola Consellería de Industria e está a documentación presentada en Eon para poñela en marcha de forma definitiva. É dicir, isto que en principio entendemos que era unha boa instalación, iso ninguén o pon en dúbida, o que si é certo é se fixo un pan cunhas tortas. Porque gastar 70.541 euros, que estiveron improdutivos durante uns cantos anos porque o anterior goberno bipartito fixo a obra e tivo tempo de sobra para legalizar a situación, a verdade é que di bastante de quen estivo gobernando o Concello de Burela entre o ano 2007 e o 2011. Agora, por fin, despois de estar a obra xa dada de alta en Industria e de estar os trámites andando con Eon esperamos e confíamos que en breve poida ser posta en funcionamento e que reverta en beneficio de todos os cidadáns deste concello”.






















A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



